receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 23 de novembro de 2016

CROQUETAS DE MEXILLÓNS

Croquetas con sabor a mar.
Un toque mariñeiro para os  nosos padais.
Coma sempre que cociñamos algo novedoso, o noso equipo de cociña tivo que facer fronte a texturas e cores no proceso de elaboración que suscitaban caras raras e dúbidas. Pero o produto final conseguiu eliminalas todas. Un novo éxito na elaboración e degustación das croquetas de mexillóns.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que supón a extracción e posibilidades de consumo desde bivalvo.








CROQUETAS DE MEXILLÓNS
           
Ingredientes

·         500 g de mexillóns frescos
·         1 lata de mexillóns en escabeche
·         50 g de fariña
·         250 ml de leite
·         40 g de manteiga
·         1porro
·         ½ cebola
·         Pementa, chisco de noz moscada
·         Ovos, pan relado, sal e aceite

Preparación

1.  Limpar e lavar os mexillóns frescos. Cocelos ao vapor 2-3´aprox. ata que abran.

2.  Escorrer os mexillóns en escabeche e reservar o líquido e mesturalo co da cocción. Triturar todos os mexillóns.

3.   Picar e sofreír a cebola e o porro coa manteiga 10´aprox. Saozar e triturar todo.

4.    Colocar de novo na tixola + fariña. Tostala. + Leite + noz moscada + pementa + caldo (pouco a pouco).

5.   Cocer 15´aprox. Sen deixar de remexer ata que colla consistencia. + Mexillóns. Reservar na neveira.

6.  Facer porcións coa pasta e formatear ao gusto. Pasar por pan relado / ovo batido / pan relado. Fritir no aceite ata que doren. Servir.





xoves, 17 de novembro de 2016

A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE


“Mamá repasó su libro y planificó la cena del domingo mientras Viola intentaba guiarme por el arduo sendero de la elaboración de masas. Le había visto hacer un millón de pasteles al pasar por la cocina y siempre me había parecido muy fácil. Nunca medía nada, sino que cocinaba a ojo, por instinto y por tacto, echando puñados de harina y cachos de manteca del tamaño de un pulgar, y regándolo todo con más o menos agua fría, según. No tenía nada de especial. Cualquier idiota lo aprendería en un par de minutos.
Y una hora más tarde ahí estaba yo, jadeando y azotando mi tercer cuenco de masa, con mamá y Viola más incrédulas a cada minuto. La primera tanda había salido aguada y llena de grumos; la segunda, tan espesa que no pude amasarla con el rodillo; la última había resultado pegajosa como cola de papel pintado, y con la misma consistencia poco atractiva. Tenía las manos y el delantal embadurnados, y también lo estaban la encimera y el mango de la bomba, y en el pelo llevaba pegotes enganchados.”




cALPURNIA VIRXINIA TATE, CALLIE VEE, É UNHA NENA QUE VIVE NUN PEQUENO POBO DE TEXAS. a PESAR DE QUE A SUA NAI INSISTE EN QUE APRENDA A TOCAR O PIANO, COSER E COCIÑAR, ELA ESTÁ MÁIS INTERESADA NO QUE OCORRE TRAS A PORTA PECHADA DA BIBLIOTECA, OU NO LABORATORIO DO SEU AVÓ. POUCO A POUCO IRÁ GAÑÁNDOSE A ESTE SEÑOR apartadizo E COMEZARÁ A COLABORAR CON EL NAS SÚAS OBSERVACIÓNS DO MEDIO NATURAL, APRENDERÁ QUEN É DARWIN, QUE SON AS ESPECIES E AS SUBESPECIES E TAMÉN O IDIOTAS QUE SE VOLVEN OS SEUS IRMÁNS CANDO NAMóRANse.


Data de publicación orixinal: 12 de maio de 2009
AutoraJaqueline Kelly
EditorialHenry Holt and Company
XéneroLiteratura xuvenil, Ficción histórica
PremiosMedalla Newbery
NominaciónsGoodreads Choice Award na Categoría Infantil



mércores, 16 de novembro de 2016

cine: RATATOUILLE

Remy é unha rata que soña con ser chef. O destino lévaa ós sumidoiros de París, pero a súa situación non podería ser mellor, xa que se encontra xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da cuisine. A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común (e desde logo nada desexado) nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas arriba o mundo culinario parisino nunha divertidísima e emocionante aventura.
Remy debátese entre a súa vocación e máxima paixón da súa vida e a idea de volver á súa anterior vida de roedor. Pero serviralle para aprender o valor da amizade, a familia e a importancia de ser un mesmo. Neste caso, unha rata que quere ser chef.
trailer RATATOUILLE


sábado, 12 de novembro de 2016

CARL WARNER: ARTE CON ALIMENTOS


O fotógrafo CARL WARNER sumérxenos nesta máxicas e suculentas paisaxes con alimentos. Xunto co seu equipo, peza a peza, alimento a alimento...¿feitos para soñar ou degustar?









PASTEL DE GALLETAS CON TOFFEE E CHOCOLATE


RICA!
Na líña da archicoñecida "tarta da avoa" pero con outros toques. Por suposto que con outros sabores e texturas.
Por certo, a prantiña de HERBABOA... É DO NOSO XARDÍN GASTRONÓMICO!!!




PASTEL DE GALLETAS CON TOFFEE E  CHOCOLATE
           
Ingredientes

·         300 g de chocolate negro
·         300g de galletas
·         290 g de azucre
·         3 ovos
·         250 g de manteiga
·         200 ml de leite
·         200 ml de nata para cociñar
·         1 culleriña de café soluble descafeinado

Preparación

1.    Fundir 150 g de manteiga + 150 g de chocolate ao baño María.

2.   Bater as xemas + 120 g de azucre e engadilas á mestura do chocolate. + As claras a punto de neve de forma envolvente.

3.  Calentar 150 g de azucre ata obter un caramelo dourado. Engadir pouco a pouco e removendo 150 g de nata quente. + 50 g de manteiga abrandada.

4. Bañar as galletas (sen empapalas) no (leite + 20g de azucre + o café). Colocalas nun molde rectangular forrado con papel de forno. Capa de galletas-toffee-chocolate. Nesta orde ata acabar cos ingredientes. Rematamos con capa de galletas. Á neveira, dúas horas.

5.    Fundir o chocolate, manteiga e nata restantes ao baño María. Cubrir o pastel e arrefriar de novo.


domingo, 6 de novembro de 2016

LOVE STORY



LOVE STORY: EMOTIVO CORTO ANIMADO QUE HABLA LA GRANDEZA DE LO PEQUEÑO Y VERDADERO



"Después de triunfar en el festival deCannes con “Back to the start” y” The Scarecrow” en 2012 y 2014 respectivamente, Chipotle repite la misma estrategia. De hecho fue con “Back to the start” donde la cadena de restaurantes se posicionó a favor de los productos locales y orgánicos como una opción a la comida procesada. Y parece que no les ha ido del todo mal."

“A Love Story” es su nueva creación en la que utilizan la historia de amor entre un chico y una chica para hacer una crítica directa a la comida rápida y los alimentos industrializados. Todo empieza cuando los dos son pequeños y abren un puesto de zumos hechos a mano el uno frente al otro. La rivalidad entre los dos les lleva a cambiar sus procedimientos e ingredientes originales hasta que se dan cuenta de que han perdido la esencia de sus negocios y deciden volver a sus inicios.Un bonito corto de animación que tiene como banda sonora la mítica canción “I Want It That Way” de los Backstreet Boys versionada por Brittany Howard de los Alabama Shakes y Jim James de My Morning Jacket."

Fuente:http://culturainquieta.com/es/inspiring/item/10112-emotivo-corto-animado-que-habla-la-grandeza-de-lo-pequeno-y-verdadero.html






xoves, 3 de novembro de 2016

RISOTTO DE COGOMELOS


Estamos en tempada de cogomelos e a nosa receita de hoxe ímola combinar cun exquisito RISOTTO.

O noso equipo ao final da sesión viuse arriba e xa estaban pensando en apuntarse a MASTERCHEF. Estamos progresando e pouco a pouco van sentíndose máis seguros e ilusionados nos fogóns.




RISOTTO DE COGOMELOS
           
Ingredientes

·         150 g de arroz (dúas racións)
·         150 g de cogomelos de tempada
·         ½  pemento  vermello
·         ½ cebola
·         1l de caldo de verduras
·         Follas de perexil, menta e albahaca
·         Queixo parmesano relado
·         Sal / aceite de oliva

Preparación

1.    Lavar os cogomelos, secalos e trocealos. O mesmo coas herbas aromáticas.

2.   Levar o caldo a ebullición. Sofreír a cebola picada con 4 culleradas de aceite ata que transparente. Incorporar os cogomelos e o pemento e refogalos. Sazoar lixeiramente.

3.  Engadir o arroz (dúas medidas) e sofreilo ata que estea perlado (quedar lixeiramente traslúcido). Verter tres medidas de caldo quente por cada medida de arroz e cocer 16´aprox. remover a miúdo engadindo caldo a medida que o vaia absorbendo o arroz.

4.  Retirar. + Queixo, + herbas aromáticas. Integralas e repousar o arroz 2´. Servir.


_________________________________________________

ESTAMOS DE NORABOA!

 A nosa querida e xa experta Marta A, alumna do noso obradoiro de cociña deste curso,  mandounos esta excelente proposta de risotto. Feita por ela e disfrutada con toda a súa familia. Parabéns Marta.