receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 8 de novembro de 2018

BUÑUELOS

Chegado o tempo de novembro, de Todos os Santos, non podemos escaparnos do pracer de saborear os buñuelos.
Ricos non, riquísimos. E que ben nos saen coa nosa proposta.
A maxia de ver subir os buñuelos e voltearse na tixola, frotando no aceite a ferver é pura lambonería.




BUÑUELOS 

 Ingredientes buñuelos

·         Catro ovos
·         125 g de fariña + ½ sobre de levadura
·         25 g de manteiga
·         Dúas culleres de azucre
·         Rela de limón
·         1 ¼ vaso de auga
·         Chisco de sal
·         Azucre
·         Aceite

Preparación

1.    Mesturar nun cazo: auga + manteiga + azucre + rela de limón + sal.

2.   Cando ferva, engadir a fariña de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.

3.   Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado. No derradeiro ovo, dependendo da textura da masa pódese engadir somentes a xema.

4.   Quecer o aceite nunha tixola fonda. Cando aínda non estea moi quente, coa axuda de dúas culleriñas, botar pequenos montonciños de masa coa tixola retirada do lume. Deixar que inflen e arrimar de novo a tixola ao lume para que doren.

5.   Escorrer e sacar da tixola para un papel absorbente. Arrefrialos e salferilos coa azucre.

6.    Rechealos coa crema pasteleira, nata montada, trufa...

mércores, 7 de novembro de 2018

QUICHE LORRAINE

Hoxe tivemos que compartir protagonismo coa avispa asiática.
Tranquilos-as. 
Na hora de cociña coincidimos cunha charla no colexio dun axente forestal para amosarnos a problemática que este insecto está a crear na nosa Comunidade e tivemos que compartir tempos. E quedámonos cortos na nosa elaboración. Faltounos tempo para rematar de cociñar e poder saborear o resultado final. Quedou no forno...E demos conta dela ao día seguinte e o seu aspecto baixou enteiros no visual pero non no sabor. Outra vez será.




QUICHE   LORRAINE 
               
Ingredientes para a masa quebrada

·         150 g de fariña
·         70 g de manteiga
·         ½  culleriña de sal
·         ½  culleriña  de azucre
·         1 xema de ovo
·         Un chorriño de leite

Ingredientes para o recheo

·         Tiras de touciño entrefebrado
·         Tiras de xamón cocido
.          Pemento morrón
·         200 g queixo relado
·         250 cl de nata líquida
·         4 ovos
·         1 vaso de leite fría

Preparación

1.  Misturamos todos os ingredientes nesa orde. Facemos unha bóla e forrada con film a metemos na neveira media hora.

2.  Nun molde enfariñado estiramos a masa. Ao forno, 10´-15´ a 180ª  sin que dore. Pintamos con clara de ovo para impermeabilizala e un minuto ao calor do forno.

3.  Pasamos pola tixola o touciño entrefebrado. Posteriormente engadimos: o xamón e o pemento morrón. 

4.    Bater os ovos coa nata e o leite.

5.   Colocamos na base o recheo e engadimos a cantidade necesaria do apartado 4  máis o resto do queixo por riba.

6.    Ao forno a 180º ata que calle e dore.

TIRAMISÚ

Seguimos repasando as receitas co novo grupo de cociña...E non podía faltar un toque italiano, rico onde o haxa...


TIRAMISÚ 
           
Ingredientes

·         200 g de biscoitos de soletilla (ver receita)
·         250 g de queixo mascarpone
·     250 g de queixo cremoso
·         50 g de azucre
·         2 tazas de café preparado
·         75 ml de leite
·         50 ml de licor doce
·         Cacao en po / azucre
                                              
Preparación

1.    Bater os queixos + 25 g azucre ata quedar cremosos.

2.    Formar crema suave e homoxénea. Unha terceira parte desta pasala á manga pasteleira de boca ancha. Reservar na neveira.

4.    Mesturar o café + resto azucre + licor. Mollar os biscoitos e cubrir o fondo do molde.

5.    Verter 1/3 da crema e estendela. + Cacao.

6.   Repertir outra vez a operación. Rematar cunha capa de crema. Coa manga pasteleira, dispoñer na superficie rosetóns coa crema de turrón. Á neveira 30´. Barutar con cacao no momento de servir.



Incorporamos a receita dos BISCOITOS DE SOLETILLA para coroar a elaboración do tiramisú e que, nunha ocasión anterior, tivemos o pracer de elaboralos e degustalos no noso obradoiro.



BISCOITOS DE SOLETILLA
           
Ingredientes

·         3 ovos
·         75 g de azucre
·         1 culler de azucre avainillado
·         Un chisco de sal
·         75 g de fariña
·         ½ culler de levadura en po
·         Azucre glacé 
                                              
Preparación

1.   Bater nunha cunca: xemas + azucre + azucre avainillado ata conseguir unha mestura esponxosa e esbrancuxada.

2.    Tamizar a fariña + levadura en po sobre a preparación anterior e remexer.

3.   Noutra cunca montar as claras a punto de neve firme co sal e incorporalas pouco a pouco á mestura anterior de forma envolvente.

4.  Rechear unha manga pasteleira coa masa e cunha boquilla lisa e grande  formar tiras de 7-8 cm de largo por 2 de ancho aprox. sobre papel de forno. Cubrir con azucre glacé.

5.   Ao forno prequecido a 200º durante 12´. Arrefrialos e despegalos do papel. Servir.