Tranquilos-as.
Na hora de cociña coincidimos cunha charla no colexio dun axente forestal para amosarnos a problemática que este insecto está a crear na nosa Comunidade e tivemos que compartir tempos. E quedámonos cortos na nosa elaboración. Faltounos tempo para rematar de cociñar e poder saborear o resultado final. Quedou no forno...E demos conta dela ao día seguinte e o seu aspecto baixou enteiros no visual pero non no sabor. Outra vez será.
QUICHE   LORRAINE 
Ingredientes
para a masa quebrada
·        
150 g de
fariña 
·        
70 g de
manteiga
·        
½  culleriña de sal 
·        
½  culleriña 
de azucre
·        
1 xema de ovo
·        
Un chorriño
de leite
Ingredientes
para o recheo
·        
Tiras de touciño entrefebrado
·        
Tiras de
xamón cocido
.          Pemento morrón
·        
200 g queixo
relado
·        
250 cl de
nata líquida
·        
4 ovos
·        
1 vaso de
leite fría
Preparación
1.  Misturamos
todos os ingredientes nesa orde. Facemos unha bóla e forrada con film a metemos
na neveira media hora.
2.  Nun molde
enfariñado estiramos a masa. Ao forno, 10´-15´ a 180ª  sin que dore. Pintamos con clara de ovo para
impermeabilizala e un minuto ao calor do forno.
3.  Pasamos pola
tixola o touciño entrefebrado. Posteriormente engadimos: o xamón e o pemento morrón. 
4.    Bater os ovos
coa nata e o leite.
5.   Colocamos na
base o recheo e engadimos a cantidade necesaria do apartado 4  máis o resto do queixo por riba.
6.    Ao forno a
180º ata que calle e dore. 

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario