Tempo de castañas!
E nós non poidamos faltar á cita. Aquí tedes a receita que xa tivemos a ocasión de presentar alá polo ano 2011, cando o noso obradoiro de cociña botou a andar co novo formato.
Explosivamente rica!
Calorías a tope! Pero o pracer de degustala paseniñamente non nolo quita ninguén.
Fácil de facer e agradecida para calquera reunión de Magosto.
Bo proveito!
TARTA DE CASTAÑAS
Ingredientes
·
Tres pranchas de masa de biscoito
·
400 g de nata para montar
·
100 g de azucre glacé
·
150 g de chocolate negro
·
1 bote mediano de castañas en xarope
·
1 bote de doce de leite
·
1 culleriña de esencia de vainilla
·
(xarope opcional = 125ml auga + 50g
azucre ou o xarope das castañas)*
Preparación
1. Nun bol: 300 g de nata para montar. Bater a punto de nata engadindo pouco a pouco 100 g de azucre glacée e reservar na neveira.
2. Noutro bol: 100 g de nata + chocolate troceado. Derreter ao baño María. Retirar e reservar.
3. Reservar o xarope das castañas para pincelar as pranchas de biscoito. Tallalas e remexelas
coa vainilla.
4. Montar a tarta: disco de biscoito + capa de doce de leite + castañas talladas + biscoito* + nata montada e castañas talladas
+ biscoito.
5. Cubrir coa crema de chocolate toda
a superficie da tarta e arrefriar na neveira.
Non te quedes coas ganas de saber máis sobre elas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario