receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 5 de novembro de 2015

OVOS RECHEOS CON GAMBAS

Un entrante clásico no noso obradoiro de cociña. Aquí queremos presentar unha variante con iogurt, mostaza... Quedounos a mar de ben, ou iso creo, vistas as caras de satisfacción no momento de degustar o prato.
Parabéns equipo!




OVOS RECHEOS CON GAMBAS
           
Ingredientes

·         6 ovos
·         1 ceboliña
·         300 g de gambas cocidas
·         ½ iogurt natural desnatado
·         2 tomates
·         2 culleres de mostaza
·         Follas de ensalada variada
·         Zume de limón
·         Ceboliño
·         Aceite de oliva / sal / pementa
                                              
Preparación

1.    Cocer os ovos en auga salgada 10´. Arrefrialos e pelalos.

2.    Pelar as gambas e picalas finas (reservar doce enteiras).

3.  Limpar a ceboliña e picala moi miúda. Limpar os tomates e cortalos en cadradiños.

4.   Nun bol: iogurt + mostaza + gotas de zume de limón + 1 culleriña de aceite + sal + pementa. Mesturar. 
+ Gambas picadas + ceboliña + tomate.

5.    Cortar ovos pola metade. Retirar e picar 4 xemas e incorporalas á mestura e rechear os ovos con ela.

6.    Decoralos coas gambas reservadas e co ceboliño lavado e picado.

7.   Colocalos sobre as follas de ensalada aliñadas con sal + zume + aceite.





Ningún comentario:

Publicar un comentario