receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 2 de febreiro de 2018

CALDO VERDE

Hoxe tivemos o día de cara!
Fixo moito frío e, casualidades da vida , tiñamos preparado un caldiño verde portugués!
A primeira vez que tiven a oportunidade de probalo foi fai moitos anos nun campamento internacional en Castro Laboreiro, Portugal, na preciosa Serra do Gerês. Unha excelente compañeira, Fátima,  portuguesa ela,  obsequiounos cun  CALDO VERDE espectacular.
"Está feita no norte, utilizando unha variedade de repolo galego chamado "couve galega", que se cultiva entre as viñas, á beira do Miño e mesmo nalgúns patios de Lisboa. É unha col con follas longas, que se usa case exclusivamente para esta sopa, e que en tendas normalmente xa está preparada, xa que ten que ser cortada moi fina para a sopa." (Directo al paladar)
E gustou! Ata os máis repugnantes para comer REPETIRON!    





CALDO VERDE
           
Ingredientes

·         Patacas fariñentas
·         Media cebola
·         Un dente de allo
·         Couve galego ( variedade de repolo galego)
·         Chourizo
·         Aceite de oliva, sal e  pementa


Preparación

1.    Pochar a cebola + dente de allo en aceite de oliva.

2.    Engadir as patacas en trozos escachados e refogalos 7-8´

3.    Cubrir con auga fría e cocer 30-40´. + sal e pementa ao gusto.

4.  Pasar polo batedor a pouca velocidade para facer un puré cremoso e suave.

5.    Cocer o couve en auga con sal 30´. Escurrir e engadir ao puré.

6.   Fritir en rebandas o chourizo para presentar o puré cun par de rebandas.