receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 19 de abril de 2018

LASAÑA VEXETAL

Despois dunha receita  doce temos unha receita salgada.
Seguindo esta máxima tocoulle o turno á LASAÑA

Ás veces os vexetais non se ben recibidos nas viaxes gastronómicas e por iso convén metelos si ou si nos pratos elaborados na nosa cociña.
O certo é que non quedou nin a proba. foi como si pasara una galerna polo bandexa da lasaña. Deus, ata un botouse a dar lambetadas no prato. Cousas veredes!




LASAÑA VEXETAL
           
Ingredientes

·         Placas de lasaña de espinacas
·         Pemento verde, amarelo e vermello
·         Champiñón laminados
·         Tomate triturado frito
·         Manteiga
·         Queixo parmesano
·         Perexil
·         Allo
·         Aceite de oliva
·         Sal e pementa

Preparación

1.    Seguir as recomendacións do fabricante para cocer a pasta.

2.    Cocer un pouco a salsa de tomate.

3.  Saltear os champiñóns cun pouco de allo, perexil, pementa, sal  e aceite. E noutra tixola saltear os pementos troceados en xuliana cun chisco de sal

4.   Untar o fondo da bandexa cun pouco de manteiga. incorporar dúas culleradas de salsa de tomate. Colocar unha placa para lasaña + capa de tomate + capa de pementos e champiñóns + un pouco de parmesano relado. Tapar con outra placa  de pasta e así ata acabar os ingredientes.

5.   Rematar cunha placa de pasta, recubrila con salsa de tomate e relar enriba abundante queixo.

6.      Ao forno 20´aprox./ 200ºC. Retirar e servir.


ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA



Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Título: 
Escarlatina, a cociñei defunta
Autor: 
Ledicia Costas
Ilustrador: 
VÍctor Rivas
Editorial: 
Xerais
Páxs: 
176
Soporte: 
Papel
ISBN: 
 978-84-9914-739-0
        Idade recomendada:  De 11 anos en diante
                 Premios:Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA






O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.



Título: 
Esmeraldina, a pequena defunta
Autor: 
Ledicia Costas
Ilustrador: 
VÍctor Rivas
Editorial: 
Xerais
Páxs: 
224
Soporte: 
Papel
ISBN: 
 978-84-9914-999-8
        Idade recomendada:  De 11 anos en diante
                 Premio:Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Infantil



PETITS CHOUX DE NATA E CON CHOCOLATE

Imos a modiño na entrega das nosas propostas culinarias. Cambiamos de grupo, as vacacións, as outras actividades...Demasiadas cousas na cabeza para levalas todas ao día.
Pero non deixamos de traballar, como di o meu queridiño "compa" Emilio..."A CABESIÑA NON PARA".
E por iso presentamos este agasallo para os máis galdrumeiros ou larpeiros. 
Como empezamos cun novo grupo... repetimos unha masa básica.





PETITS-CHOUX DE NATA CON CHOCOLATE
           
Ingredientes

     Pasta choux:

.    100 ml de leite
.    100 ml de auga
.    80 g de manteiga
.    120 g de fariña + ½ levadura en po
.    3  ovos
.    1 culleriña de azucre (4 g)
.    Un belisco de sal

Preparación

1.    Misturar nun cazo: leite +auga + manteiga + azucre + pel de limón+ sal.

2.   Cando ferva, (retirar a pel de limón), engadir a (fariña + levadura) de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.

3.    Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado.

4.  Nunha placa, ao forno a 200ºc / 20´aprox. + 5´a 180ºC ata que estean douradiños.

5.    Arrefriar e rechealos coa nata montada ao gusto.

6.  Bañalos coa crema de chocolate.