receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

luns, 30 de maio de 2016

GÚSTANCHE AS FROITAS E VERDURAS FEAS?

Non só estamos aquí para elaborar receitas. Tamén estamos aquí para compartir.
Para compartir opinións. Para alimentar debates. Para saber máis.
Grazas a xente como ESTURIRAFI, hoxe queda no aire a pregunta en cuestión.

GÚSTANCHE AS FROITAS E VERDURAS FEAS?
GÚSTANME AS FROITAS E VERDURAS FEAS!
GÚSTANLLES AS FROITAS E VERDURAS FEAS...


martes, 24 de maio de 2016

OS BIQUIÑOS DE COCO DE 5º DE EDUCACIÖN INFANTIL

Con motivo da celebración do Día da Nai, o alumnado pequerrecho de 5º EI cociñou con moito agarimo uns corazóns (biquiños de COCO) para agasallar ás súas mamás.
Polo que se ve gozaron e aprenderon moito pesando os ingredientes, mesturándoos e batendo, e como non, DEGUSTÁNDOOS!

Polo que nos contou a súa profe quedaron moi satisfeitos co resultado.
As novas xeracións da COCIÑA de ANDERSEN veñen pisando forte.







BIQUIÑOS DE COCO
           
Ingredientes

·         3 ovos
·         250 g de azucre
·         250 g de coco
·         Un chisquiño de sal

Preparación

1.  Batemos os ovos nun bol. + Azucre e mesturamos. + o coco e o sal e  volvemos a mesturar.

2.  Cubrimos a bandexa con papel de forno e poñemos as boliñas feitas coa  pasta.

3.   Ao forno a 180ºC ata que estean douradiñas. Outra opción é cortalas en forma de corazón.


venres, 20 de maio de 2016

BERLINESAS RECHEAS DE CREMA


"Deus, ceos que ricas están!"

E non o dixen eu. Escapóuselle a unha das nosas cociñeiras despois de saborear os primeiros bocados da nosa última tentación: as BERLINESAS.
Non imos dicir nada máis. Deixámos aquí a receita por si...






BERLINESAS RECHEAS DE CREMA
           
Ingredientes

·         290 g de fariña
·         125 ml de leite
·         2 ovos
·         50 g de manteiga
·         1 sobre de levadura de panadería deshidratada
·         Azucre
·         Aceite de xirasol
·         Canela moída

·         Crema pasteleira:

·         250 ml de leite
·         65 g de azucre
·         2 xemas de ovo
·         20 g de Maicena
·         Cortiza de limón

Preparación

1.    Crema pasteleira: (ver receita no blog )

2.   Nunha cunca: levadura + ½ cullerada de azucre + 30 ml de auga morna + leite morno. Mesturar e deixar repousar 10´.

3.   Engadir manteiga derretida + ovos + cullerada de azucre fariña (engadir máis fariña se fose necesaria para que se desprenda con facilidade). Amasar ata obter masa homoxénea.

4.   Formar unha bóla, enfariñala e repousala nun bol encamisado e tapado con film ata que dobre o seu volume.

5.   Traballar a masa 5´ e estirala cun rolo de cociña nunha superficie enfariñada ata obter unha prancha de 1 cm de grosor.

6.    Formar discos de 6 ou 8 cm de diámetro coa masa. Colocalos sobre papel de cociña. Tapalos cun pano e deixalos fermentar outros 30´.

7.  Fritir as berlinesas en abundante aceite ata que douren polas dúas caras. Retiralas sobre papel  absorbente.

8.   Rechealas coa crema e rebozalas en azucre con canela







xoves, 12 de maio de 2016

MADALENAS DE ACEITE


Que ricas!
Buscabamos un sabor tradicional, de sempre.
Lembro aquelas navidades nas que á hora do postre aparecían aquelas madalenas na súa bolsa de celofán enriba da mesa e os meus ollos preguntaban cando era a hora de poder fincarlles o dente. Xa pasaron diso moitos invernos e hoxe outra vez volve ao meu recordo aquel doce sabor navideño.
O meu equipo de "expertos" cumpriu sobradamente coa proba de hoxe e quedaron coas ganas de repetir. Espero noticias das súas propias madalenas caseiras.

As MADALENAS non deben confundirse cos muffins nin cos cupcakes)!














MADALENAS DE ACEITE
           
Ingredientes

·         280 g de azucre
·         200 ml de aceite de xirasol
·         5 ovos
·         Reladura de limón
·         200 g de fariña
·         10 g de levadura en po
           
Preparación

1.    Nunha cunca: aceite + 200 g de azucre. Batelos ata que blanqueen.

2.    Engadir os ovos, de un en un e sen deixar de bater ata integralos.

3.    Engadir (fariña baturada + levadura), en dúas partes.

4.    + Reladura de limón e remexer suavemente.

5.  Colocar a masa nas cápsulas (2/3 en cada cápsula)  de papel rizado e no molde para madalenas. + Unha culler de azucre no centro de cada madalena.

6.    Ao forno a 180º C / 20´aprox. Cando estean listas, atemperalas no molde 10´. Sacalas do molde e arrefrialas sobre unha reixa.







martes, 10 de maio de 2016

EMPANADA DE CARNE E VERDURAS





EMPANADA DE CARNE E VERDURAS
           
Ingredientes

Masa:
·         500 g de fariña
·         50 ml de viño albariño
·         50 g de manteiga
·         50 ml de aceite de oliva
·         100 ml de auga quente
·         2 ovos
·         10 g de sal
·         25 g de levadura natural

Recheo:
·         500 g de carne picada
·         1 cebola
·         2 tomates
·         1 pemento verde
·         1 pemento vermello
·         2 dentes de allo
·         100 ml de viño branco
·         Pementa / sal /aceite

           
Preparación

1.  Recheo: Pelar e picar miúdo: allos, cebola, pementos e tomates (lavados previamente e escaldados en auga quente 1´ para retirarlles a pel).

2.    Sofreír: allos + aceite.

3.    Engadir cebola + pementos. Refogar.

4.    + Tomates e cocer. 

5.   Engadir  a carne e sofreíla ata que cambie de cor. + Viño branco e que evapore a lume vivo. Salpimentar e cocer un par de minutos máis.

6.    Masa: Facer un volcán coa fariña e colocar no centro un ovo, manteiga, aceite e levadura. O sal, no exterior, sen estar en contacto directo coa levadura. Mesturar e amasar todo (15´aprox.)  engadindo a auga necesaria pouco a pouco ata formar unha bola. Colocala nun recipiente encamisado e tapala con film durante 1 hora ata que suba a masa.

7.    Elaboración final:   Dividir a masa en dous. Estendelas moi finas nunha mesa enfariñada.

8.    Colocar nunha delas o recheo e cubrilo coa outra metade e pechar os bordos. Pintala con ovo e pinchala cun garfo.

9.    Ao forno 30´ aprox. / 200ºC