receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 30 de novembro de 2017

PASTA CON QUEIXO AO FORNO

Na nosa cociña querían pasta. 
E fixemos pasta!
E rica que nos quedou!
Seguimos as indicacións da televisiva cociñeira de Canal Cocina, Lorraine Pascale, e cumprimos con ela.


PASTA CON QUEIXO AO FORNO
           
Ingredientes

·         500 g de macarróns
·         200 g de touciño entrefebrado en taquiños
·         80 g de talos de ceboliña picados
·         Tomiño fresco ou seco
·         40 g de manteiga
·         40 g de fariña
·         500 ml de leite
·         Noz moscada
·         1 culler de mostaza
·         150 g de parmesano recén relado
·         200 g de queixo azul
·         Pan relado
·         Aceite de oliva
·         Sal e pementa

Preparación

1.    Cocer os macarróns segundo as indicacións do fabricante e reservar..

2.    Saltear o touciño, + ceboliña. Engadir o tomiño e reservar.

3.   Numha tixola: fundir a  manteiga. + Fariña e remover ata facer un roux. + Leite, pouco a pouco; + sal e pementa, +  noz mostaza. + 100 g de Parmesano. + 150 g de Queixo azul ata que fundan. Se a salsa queda espesa alixeirar con leite.

4.    Incorporar o touciño e a ceboliña.

5.    Verter a salsa sobre os macarróns e colocalos nunha fonte. + Tomiño. + Pan relado. + Resto de queixos por riba.

6.    Ao forno 20´aprox./ 200ºC. Retirar e servir.


xoves, 16 de novembro de 2017

PETITS CHOUX CON CREMA DE LARANXA

Si á primeira vez non vai, intentámolo outra vez, modificamos a receita ...pero non perdemos a ilusión de poder saborealos.
Non foi posible saborealos de primeiras. Algo na masa non ía ben e algo nos dicía que a cocción non resultaría satisfactoria. A textura da masa non era a doutras veces e os nosos temores confirmáronse.  Tivemos que saborear a crema con galletas a modo de natillas e iso foi todo.
Pero no segundo intento...SIIIIIIIII!
RICOS, RICOS! 
A fartar!


PETITS-CHOUX DE CREMA DE LARANXA
           
Ingredientes

·         Pasta choux:
0.    100 ml de leite
1.    100 ml de auga
2.    80 g de manteiga
3.    120 g de fariña + ½ levadura en po
4.    3  ovos
5.    1 culleriña de azucre (4 g)
6.    Un belisco de sal

Preparación

1.    Misturar nun cazo: leite +auga + manteiga + azucre + pel de laranxa + sal.

2.    Cando ferva, (retirar a pel de laranxa), engadir a (fariña + levadura) de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.

3.   Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado.

4.  Nunha placa, ao forno a 200ºc / 25´aprox. ata que estean douradiños.

5.    Arrefriar e rechealos (ver receita crema pasteleira) ao gusto.



CREMA PASTELEIRA
           
Ingredientes

·         Catro xemas
·         125 g de azucre
·         125 g de nata líquida
·         375 g de leite
·         40 g de Maicena
·         Casca de limón

Preparación

a.   Misturar e quecer nun cazo: leite + nata líquida + metade de azucre + casca de laranxa.

b.    Nun bol, misturar e bater as xemas e ( Maicena + resto do azucre) ata que dobren o seu volume.

c.     Misturar o contido do bol cun pouco de leite do cazo.

d.   Botar todo no cazo co resto do leite (coado previamente) e deixar que espese ao baño María. Remover de seguido para que non se pegue ao cazo.

e.   Cando a crema teña a textura desexada, arrefriala nun recipiente cun papel film transparente por riba da crema para que non colla casca.




sábado, 4 de novembro de 2017

RISOTTO DE CABAZA E TOMATES SECOS

Non podiamos deixar pasar a tempada de CABAZA e o SAMAÍN sen facer algo coa ela. Decisión perfecta a de facer o risotto. Os noso equipo de cociña apuntouse un gran tanto culinario. 
ÉXITO TOTAL!


RISOTTO DE CABAZA E TOMATES SECOS
           
Ingredientes

·         250 g de arroz de gran redondo
·         400 g de cabaza
·         40 g de tomates secos
·         1 cebola
·         1 dente de allo
·         1/2 vasiño de viño branco
·         1L Caldo de polo
·         Manteiga
·         40 g de queixo parmesano
·         1 pastilla de caldo de legumes (opcional)
·         1 culler de mostaza
·         Sementes de cabaza crúas
·          Aceite de oliva
·         2 culleres de manteiga
·         Sal e pementa
                                              
Preparación

1.   Picar os tomates. Sofreímos nunha tixola 200 g de cabaza en dadiños + ½ pastilla de caldo e retiramos cando colla una cor laranxa forte. Reservamos para acompañar facendo unha crema-puré cun pouco de caldo ou deixamos os dadiños para coroar o risotto.

2.   Asamos o resto da cabaza en dados cun pouco de aceite + ½ pastilla de caldo a 150ºC / 20´.

3.    Facemos un puré co paso 2 + 1/3 do caldo ata facer una salsa.

4.    Sofreímos a cebola e o allo picados. + Arroz. Cociñamos uns minutos. + Viño e tomates secos.

5.   Agregamos caldo quente( 3 vasos)  pouco a pouco e cocemos o arroz ao dente. + Salsa de cabaza, + mostaza e o resto de caldo.

6.    Salteamos as sementes cun pouco de aceite +sal.

7.   Fóra do lume: + manteiga, + queixo. Deixamos repousar. Decoramos coas sementes e o resto da salsa de cabaza.



   E se isto parécevos pouco...REMATAMOS CON MARMELADA DE CABAZA CASEIRA feita e obsequiada pola avoa de Raquel Xing.

      EXQUISITA!!!




Moitas grazas AVOA!!!