receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

sábado, 4 de novembro de 2017

RISOTTO DE CABAZA E TOMATES SECOS

Non podiamos deixar pasar a tempada de CABAZA e o SAMAÍN sen facer algo coa ela. Decisión perfecta a de facer o risotto. Os noso equipo de cociña apuntouse un gran tanto culinario. 
ÉXITO TOTAL!


RISOTTO DE CABAZA E TOMATES SECOS
           
Ingredientes

·         250 g de arroz de gran redondo
·         400 g de cabaza
·         40 g de tomates secos
·         1 cebola
·         1 dente de allo
·         1/2 vasiño de viño branco
·         1L Caldo de polo
·         Manteiga
·         40 g de queixo parmesano
·         1 pastilla de caldo de legumes (opcional)
·         1 culler de mostaza
·         Sementes de cabaza crúas
·          Aceite de oliva
·         2 culleres de manteiga
·         Sal e pementa
                                              
Preparación

1.   Picar os tomates. Sofreímos nunha tixola 200 g de cabaza en dadiños + ½ pastilla de caldo e retiramos cando colla una cor laranxa forte. Reservamos para acompañar facendo unha crema-puré cun pouco de caldo ou deixamos os dadiños para coroar o risotto.

2.   Asamos o resto da cabaza en dados cun pouco de aceite + ½ pastilla de caldo a 150ºC / 20´.

3.    Facemos un puré co paso 2 + 1/3 do caldo ata facer una salsa.

4.    Sofreímos a cebola e o allo picados. + Arroz. Cociñamos uns minutos. + Viño e tomates secos.

5.   Agregamos caldo quente( 3 vasos)  pouco a pouco e cocemos o arroz ao dente. + Salsa de cabaza, + mostaza e o resto de caldo.

6.    Salteamos as sementes cun pouco de aceite +sal.

7.   Fóra do lume: + manteiga, + queixo. Deixamos repousar. Decoramos coas sementes e o resto da salsa de cabaza.



   E se isto parécevos pouco...REMATAMOS CON MARMELADA DE CABAZA CASEIRA feita e obsequiada pola avoa de Raquel Xing.

      EXQUISITA!!!




Moitas grazas AVOA!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario