receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 29 de setembro de 2017

MINIBURGUER DE FIGO E RULO DE CABRA

XA ESTAMOS DE VOLTA CO NOVO CURSO 2017-18!

A cociña xa dispón de novas enerxías co novo equipo de cociña de 2º curso da ESO ( Althea, Javier, Claudia, Brais, Zoe, Akira, Xela, Mateo e Raquel X.). E nada mellor que esta dobre receita para abrir boca.
Esperamos seguir facendo historia e descubrindo novos valores e ilusións entre os fogóns da nosa cociña.

Nada mellor que escomezar cun produto de temporada: OS FIGOS.





MINIBURGUER DE FIGO E RULO DE CABRA
           
Ingredientes

·         Figos
·         Queixo de rulo de cabra
·         Xamón
·         Boliños de pan
·         Reladura de laranxa
·         Aceite de oliva e sal

Preparación

1.    Facer rebandas cos figos e o queixo e caramelizalos nunha prancha.

2.    Torrar os boliños de pan pola metade.

3.    Saltear un chisco o xamón.

4.   Montar a miniburguer: pan+ rulo+ xamón + figo + aceite+ sal + reladura de laranxa + pan.





MININUBE DE IOGUR E FIGO
           
Ingredientes

·         Figos
·         Iogur natural
·         Azucre
·         Romeu
·         Reladura de limón
·         Aceite de oliva e sal

Preparación

1.   Cortar o figo horizontalmente pola parte superior e poñelo boca abaixo nunha fonte e sobre unha capa de azucre + romeu.

2.    Ao forno 10´a 180º

3.    Presentar o figo sobre unha nube de iogur  e coroado coa reladura de limón.

4.    Esparexer ao redor o líquido da cocción.