receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

domingo, 28 de xaneiro de 2018

ROSCÓN DE NATA

E de volta co noso traballo realizado e non publicado daquelas navidades do 2017, aparecemos de novo con este sinxelo e vistoso Roscón de masa follada que tiven a oportunidade de observar na súa realización durante o programa de televisión dos irmáns Torres.
A nós tocounos cambiar de grupo e sempre hai que comezar de novo e a receita a simplificamos un pouco.



O roscón en todo o seu esplendor!




ROSCÓN DE NATA
           
Ingredientes

·         2 láminas de masa follada
·         Azucre  glas
·         Nata para montar
·         Un ovo
   

Preparación

1. Cortar pequenos círculos de masa follada coa axuda dun cortador de pastelería.

2.  Nunha bandexa forrada con papel de forno, poñer un molde redondo no centro e colocar ao redor os círculos  cortados de masa follada lixeiramente montados polos extremos.

3.  Pintar as pezas  con ovo batido e colocar outra capa de círculos de masa enriba e pintar novamente con ovo.

4.  Retirar o molde do medio e cocer a 190ºC durante 20 minutos, ata que suba e dore o follado. Deixe arrefriar e cortar pola metade.

5.  Montar a nata e rechear o roscón. Esparexer con azucre glas e servir

BISCOITO XENOVÉS / PIONONO

Aquí estamos de novo! 
Atascámonos no Nadal. Ás veces un non se pode estirar máis e acaba sendo engulido a bocados de xigante ou a bocadiños de peixe.
 Que máis ten! As responsabilidades son as que son e aínda que na cociña seguimos traballando, a nosa comunicación non ten a fluidez desexada.
Así que toca poñerse ao día e como dicía a famosa frase de Fray Luis de León: "Como dixemos onte ...", cando foi reincorporado na súa cadeira despois de ser censurado, preso e retirado da súa posición na Universidade de Salamanca polo traballo da "Santa Inquisición", vén ben ao noso contexto.
E quedÁramos nas prefestas do Nadal 2017 co noso socorrido biscoito xenovés para facer este entrante festivo.





BISCOITO  XENOVÉS / PIONONO
               
Ingredientes para a masa

·         3 ovos
·         90 g de azucre
·         90 g de fariña
·         A proporción é: 1 ovo x 30 azucre x 30 fariña

Ingredientes para o recheo

·         Atún, espárragos, paos de caranguexo, pemento morrón, anchoas, olivas, ovos cocidos, mahonesa…

Preparación biscoito

1.     Separar claras e xemas
2.     Xemas + azucre. Bater e esponxar
3.     Engadir suavemente fariña tamizada
4.     Bater claras ( chisco de sal) a punto de neve
5.     Xuntar o paso 3 e 4 de forma envolvente
6.     Nunha prancha forrada con papel de forno, estender de forma homoxénea a     masa
7.     Ao forno prequecido a 180º / 8´ a 10´minutos
8.     Retirar do forno e aplastar lixeiramente coas mans o biscoito
9.     Estender sobre un pano húmido e enrolar 30 segundos
10.   Quitar o pano e enrolar de novo sobre papel de forno
11.   Rechear e decorar ao gusto