receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

martes, 27 de setembro de 2016

CANAS FRITIDAS CON NATA

XA ESTAMOS DE VOLTA!
EMPEZAMOS  UN NOVO CURSO, 2016-17!

GRAZAS ás máis de 2200 visitas recibidas ao longo desta andaina culinaria e a todos e todas que nos animan a traballar nos fogóns do noso colexio.

Este ano queremos ampliar aínda máis a nosa proposta escolar e culinaria, temos novas ideas que iremos desenvolvendo ao longo do curso, sempre coa mente posta en APRENDER APRENDENDO desde o noso obradoiro de cociña. Contamos coa ilusión e participación de todos e todas. Grazas por seguir aí.

E que mellor que botar unhas canas ao aire para deleite dos máis galdrumeiros. Este ano o noso obradoiro vai contar cun grupo entregado e para mostra aquí tedes esta sinxela e exquisita receita e oao noso equipo coas mans na masa.










CANAS FRITIDAS CON NATA

Ingredientes

·         210 g de fariña
·         50 ml de viño branco
·         50 ml de leite
·         50 ml de aceite de xirasol
·         Chisco de sal

Preparación

1.   Nun bol, mesturar todos os ingredientes ata formar unha bóla que se poida manexar.

2.    Traballar un tempo a masa. Estirala nunha superficie moi fina.

3.    Encanutillar cos moldes e fritir en abundante aceite quente.

4.    Desmoldar e deixar arrefriar.

5.    Rechealas coa nata montada e esparexer co azucre glace.