receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

sábado, 18 de febreiro de 2017

CINE: UNHA VIAXE DE DEZ METROS


Sinopse

Hassan Kadam é un inxenuo profesional culinario cun paladar insuperable. A familia Kadam, lonxe da súa India natal e liderados por Papa, establécense no pequeno pobo de Saint-Antonin-Nobre-Val no sur de Francia. Cheo de encanto, tan pintoresco como elegante, é o lugar ideal para establecer o seu fogar e abrir un restaurante indio, a Maison Mumbai. Ou iso parece ata que a fría propietaria de Lle Saul Pleureur, un restaurante francés clásico galardonado cunha estrela Michelín, rexentado por Madame Mallory faise eco diso.
As súas xélidas protestas en contra do novo restaurante indio a dez metros do seu propio restaurante escalan e acaban nunha guerra declarada entre os dous locais. Pero a paixón de Hassan pola "haute cuisine francesa" e pola encantadora segunda chef de Madame Mallory, Marguerite, xunto co seu delicioso e misterioso talento, fai que xurda algo máxico combinando ambas culturas e enchendo Saint-Antonin dos mellores sabores, algo que ata Madame Mallory non pode ignorar. Madam Mallory acaba recoñecendo o don de Hassan, o seu rival culinario, como chef e convérteo no seu protexido.

Trailer: UNHA VIAXE DE DEZ METROS


FLORES DE ENTROIDO

ENTROIDO! (2ª parte)

Imos coa segunda parte da festa gastronómica e galdrumeira que nos trae á nosa cociña o ENTROIDO: AS FLORES.
Temos que armarnos,


facernos coa técnica...
    

e moita paciencia, 
e moito cariño...e tempo.
A cociña require tempo para conseguir este espectacular resultado.





FLORES DE  ENTROIDO  (avoa de Lucía)
           
Ingredientes

·         150 g  de fariña
·         250 ml  de leite
·         1 ovo enteiro
·         Unha culler de azucre                                  
·         Rela  dun  limón
·         Un belisco de sal
·         Unha copiña de licor
·         Aceite de xirasol para fritir
·         Azucre glacé

Preparación

1.  Poñer nun bol: ovo, sal, licor, leite, rela de limón e fariña baturada. Pasalos polo batedor. Deixar repousar a masa.

2.    Nun cazo, quecer o aceite co molde.

3.    Co molde escurrido, metelo na masa sen cubrilo de todo.

4.    Pasalo ao aceite pouco a pouco ata que se desprenda a flor. Deixala facer ata que estea crocante.

5.    Escorrela en papel secante e cubrila con azucre glacé.


Unha pequena mostra do proceso.

               



















...e lavar, e recoller o material empregado.


mércores, 15 de febreiro de 2017

FILLOAS

ENTROIDO! (1ª parte)
Este ano imos tirar de cociña e ímonos poñer galdrumeiros.
As peperetadas que non falten e que os nosos bandullos, jrandes ou pequenos, non sofran coa falta de doce.
Nada mellor que reeditar as receita das filloas, recheas de nata cuns fiiños de chocolate para emborrallar o branco recheo. Simplemente con ollar as instantáneas do momento podedes imaxinar os momentos vividos.
Este ano imos a por todas!



FILLOAS
           
Ingredientes para a masa

·         6 ovos
·         Un vaso de leite
·         100 g de azucre
·         100 g de fariña barutada

Preparación

1.    Misturar todos os ingredientes e bater ata que estean integrados.

2.   Nunha tixola quente, untada con manteiga ou touciño, verter unha cantidade suficiente do preparado para que cubra toda a superficie da tixola.

3.   Cando os bordos da filloa estean torrados lixeiramente, voltear a filloa e cocela polo outro lado.

4.   Cando arrefríen, reenchelas ao gusto.

Doces esceas do proceso na cociña...















venres, 3 de febreiro de 2017

ENTROIDO: ORELLA DE PORCO

Estamos a piques de entrar no ENTROIDO 2017 E nós ímolo disfrutar tamén na cociña rachando os nosos bandullos coas suculencias deste tempo. E nada mellor para empezar, para abrir boca, que unha pequena degustación dunha esquisitez de noso: 

A ORELLA DE PORCO Á GALEGA!

OURELLA
UNTO
PEMENTO PICANTE
ACEITE DE OLIVA VIRXE


Porque do porco aprovéitase todo!
Fixemos unha pequena convocatoria na ESO e no profesorado para degustar o produto...EXITAZO! 
A próxima será cos peques no edificio de EP. Seguro que esas pequenas bocas darán boa conta da orella de porco. Faltaría máis.