receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 26 de outubro de 2017

TARTA DE CASTAÑAS

Tempo de castañas!
E nós non poidamos faltar á cita. Aquí tedes a receita que xa tivemos a ocasión de presentar alá polo ano 2011, cando o noso obradoiro de cociña botou a andar co novo formato.
Explosivamente rica! 
Calorías a tope! Pero o pracer de degustala paseniñamente non nolo quita ninguén.
Fácil de facer e agradecida para calquera reunión de Magosto. 
Bo proveito!




TARTA DE CASTAÑAS
               
Ingredientes

·         Tres pranchas de masa de biscoito
·         400 g de nata para montar
·         100 g de azucre glacé
·         150 g de chocolate negro
·         1 bote mediano de castañas en xarope
·         1 bote de doce de leite
·         1 culleriña de esencia de vainilla
·         (xarope opcional = 125ml auga + 50g azucre ou o xarope das castañas)*


Preparación

1.  Nun bol: 300 g de nata para montar. Bater a punto de nata engadindo pouco a pouco  100 g de azucre glacée e reservar na neveira.

2.  Noutro bol: 100 g de nata + chocolate troceado. Derreter ao baño María. Retirar e reservar.

3.  Reservar o xarope das castañas para pincelar as pranchas de biscoito. Tallalas e remexelas coa vainilla.

4.  Montar a tarta: disco de biscoito + capa de doce de leite + castañas talladas + biscoito* + nata montada e castañas talladas + biscoito.

5.  Cubrir coa crema de chocolate toda a superficie da tarta e arrefriar na neveira. 


Non te quedes coas ganas de saber máis sobre elas!









venres, 20 de outubro de 2017

QUICHE LORRAINE DE COGOMELOS


"A palabra vén da palabra Quiché, Küche no dialecto Lorraine, falado na rexión de Lorena, no nordeste de Francia e xa fronteirizo con Alemaña. Este termo deriva á súa vez do alemán (torta) Kuchen. (...)
A receita para a Quiche Lorraine vén da rexión de Lorena, en Francia e consiste nunha torta salgada aberta feita con masa brisa (masa quebrada), á cal vérteselle unha salsa de crema de leite fresco (crème frache, en francés) e ovo derramado chamada migaína. A migaína aromatízase con pementa negra e noz moscada moídas. Esta receita orixinal é coñecida da que proceden todas as outras variantes de quiché. A palabra apareceu por primeira vez en Nancy, en Lorraine en 1605. Inicialmente, o recheo consistía só de ovos e crema de leite ou nata fresca (ás veces relado de gruier). No século XIX, engadíronselle pequenas tiras ou tacos de touciño entrefebrado, frescas ou afumadas, que caracterizan o quiche lorraine de hoxe ".


E gustounos! 
Xa tiñamos experimentado con ela. O resultado...? Non sobrou nada! Incluso os/as reticentes a probala con cogomelos non deixaron de probala e aceptaron que estaba rica. A cociña de Andersen tamén serve de trampolín para probar novas cousas.


QUICHE  LORRAINE DE COGOMELOS
               
Ingredientes para a masa quebrada

·         150 g de fariña
·         70 g de manteiga
·         ½  culleriña de sal
·         ½  culleriña  de azucre
·         1 xema de ovo
·         Un chorriño de leite

Ingredientes para o recheo

·         Cogomelos
·         Tiras de touciño entrefebrado
·         200 g queixo relado
·         Pemento morrón
·         250 cl de nata líquida
·         4 ovos
·         Perexil / Allo
·         1 vaso de leite fría

Preparación

1.  Misturamos todos os ingredientes nesa orde. Facemos unha bóla e forrada con film a metemos na neveira media hora.

2.  Nun molde encamisado (manteiga e fariña) estiramos a masa. Ao forno,10´- 15´ a 180ª  sin que dore. Pintamos con clara de ovo para impermeabilizala e un minuto ao calor do forno.

3.   Pasamos pola tixola os cogomelos + allo. Posteriormente engadimos: touciño entrefebrado e un pouco de queixo. Botamos o perexil.

4.   Bater os ovos coa nata e o leite.

5.   Colocamos na base o recheo e engadimos a cantidade necesaria do apartado 4  máis o resto do queixo por riba.


6.   Ao forno a 180º ata que calle e dore. 



xoves, 5 de outubro de 2017

BICA GALEGA

Un acto de xenerosidade da nosa compañeira LUCÍA que deixou que nos adentrasemos na repostería tradicional galega ao deixarnos a súa ben querida e deliciosa receita da BICA. Grazas Lucía.

ESPECTACULAR!





BICA GALEGA (Lucía)
           
Ingredientes

·         4 ovos
·         400 g de azucre
·         200 g de manteiga
·         200 ml de nata líquida
·         400 g de fariña
·         1 sobre de levadura en po
·         Azucre para esparexer

Preparación

1.   Bater nun bol: azucre + ovos ata que a mistura estea homoxénea. + Nata e seguir remexendo.

2.    + (Fariña e levadura) e incorporar todo.

3.    + Manteiga reblandecida e seguir batendo ata mesturalo todo.

4.   Nun molde cadrado e forrado con papel de forno botar a masa e esparexer con abundante azucre glace.

5.    Ao forno prequecido a 180º / 35-40´. Comprobar a cocción.