receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 26 de outubro de 2017

TARTA DE CASTAÑAS

Tempo de castañas!
E nós non poidamos faltar á cita. Aquí tedes a receita que xa tivemos a ocasión de presentar alá polo ano 2011, cando o noso obradoiro de cociña botou a andar co novo formato.
Explosivamente rica! 
Calorías a tope! Pero o pracer de degustala paseniñamente non nolo quita ninguén.
Fácil de facer e agradecida para calquera reunión de Magosto. 
Bo proveito!




TARTA DE CASTAÑAS
               
Ingredientes

·         Tres pranchas de masa de biscoito
·         400 g de nata para montar
·         100 g de azucre glacé
·         150 g de chocolate negro
·         1 bote mediano de castañas en xarope
·         1 bote de doce de leite
·         1 culleriña de esencia de vainilla
·         (xarope opcional = 125ml auga + 50g azucre ou o xarope das castañas)*


Preparación

1.  Nun bol: 300 g de nata para montar. Bater a punto de nata engadindo pouco a pouco  100 g de azucre glacée e reservar na neveira.

2.  Noutro bol: 100 g de nata + chocolate troceado. Derreter ao baño María. Retirar e reservar.

3.  Reservar o xarope das castañas para pincelar as pranchas de biscoito. Tallalas e remexelas coa vainilla.

4.  Montar a tarta: disco de biscoito + capa de doce de leite + castañas talladas + biscoito* + nata montada e castañas talladas + biscoito.

5.  Cubrir coa crema de chocolate toda a superficie da tarta e arrefriar na neveira. 


Non te quedes coas ganas de saber máis sobre elas!









Ningún comentario:

Publicar un comentario