receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 28 de abril de 2016

TORTILLA CON QUEIXO DE ARZÚA E PEMENTO VERDE

Delicioso bocadiño, co pequeno toque do QUEIXO DE ARZÚA que lle reforzaba aínda máis a cremosidade do noso entrante. Gustou e gañamos novos "clientes" para a receita, xa que algúns dos comensais tiveron que renderse (non lles gustaba o queixo) á evidencia da degustación.

Noraboa!







TORTILLA CON QUEIXO DE ARZÚA E PEMENTO VERDE
           
Ingredientes

·         300 g de patacas
·         Un pemento  verde
·         5 ovos batidos
·         Unha cebola
·         Queixo de Arzúa
·         Aceite
·         Sal

Preparación

1.    Quecer o aceite e sofreír a cebola picadiña.

2.  Engadir os pementos cortados en taquiños miúdos. Engadir as patacas (previamente lavadas e cortadas). Rematar de sofreír todo.

3.   Bater os ovos e engadir todo o sofrito ben escorrido de aceite. + Anacos de queixo en taquiños.

4.    Callar o preparado. Cando estea volteámola e callámola polo outro lado.




luns, 25 de abril de 2016

TORTA PARÍS-BREST


Fixemos dous intentos nesta receita xa que, no primeiro, estivemos apurados de tempo e non poidemos tirar a foto. Aproveitando a circunstancia introducimos algunha modificación na receita, para mellorala, por suposto.
Como podedes degustar cos ollos, traballamos cos amorodos antes de que remate a temporada e introducímolos nesta suculenta obra doce como recheo e como COULIS.
Animádevos coa PARÍS-BREST!




TARTA PARÍS-BREST (variante)
           
Ingredientes

·        Pasta choux:
·        100 ml de leite
·        100 ml de auga
·        80 g de manteiga
·        120 g de fariña + ½ levadura en po
·        3  ovos
·        1 culleriña de azucre (4 g)
·        Un belisco de sal

·        Coulis de fresas:
·        100 g de amorodos
·        15 g de azucre
·          Nata para montar
·          Amorodos para decorar o recheo
·          Azucre glas

Preparación

Pasta choux:

1.    Nun cazo: leite + auga + manteiga + azucre + sal, ata que ferva.(De golpe) + (fariña e levadura baturadas) e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo.

2.   Coa masa atemperada incorporar os ovos de un en un. Esperando a que se integre o anterior antes de botar o seguinte.

3.   Introducir a masa nunha manga e facer montóns en círculo. Pintar a masa cun ovo batido e esparexer améndoas picadas enriba.

4.    Ao forno a 180º C/ 40´ aprox., ata que estean dourados.

Recheo:

1.    Nun cazo, cocer durante 5´: 100 g de amorodos + 25 ml de auga + 15 g de azucre. Triturar, coar as pebidas e arrefriar.

2.    Montar a nata coa azucre necesaria.

3.    Engadir o coulis de amorodos de forma envolvente.

Tarta París-Brest:

1.    Cortar a coroa pola metade en dúas capas.


2.   Recheala coa nata intercalando rodelas de fresas con cada porción. Tapala coa parte superior e esparexela co azucre glas. 


domingo, 10 de abril de 2016

O ACEITE DE PALMA

Desde o noso blog tamén queremos contribuír a construír un mundo mellor. Ás nosas mans chegou este emotivo vídeo que nos invita a pensar na posibilidade de facer un consumo que sexa máis respetuoso co planeta TERRA. En ningún caso queremos impoñer nada pero si invitar á reflexión. 


Deixámoste estes enlaces para saber máis acerca do ACEITE DE PALMA



                                                  QUE É E PARA QUE SE USA?

           




                                                  A QUE SE DEBE O SEU ÉXITO?



                                                        PRODUCCIÓN SOSTENIBLE
                                                                                                                                                                                  






xoves, 7 de abril de 2016

PASTEL DE CREMA CON FRAMBOESAS

Rico, rico.
A primeira vez que traballabamos coa PASTA FILO e o resultado final foi altamente satisfactorio. Coñecer distintos tipos de masas ábrenos un amplo abano de posibilidades para poder seguir disfrutando coa cociña.
Non deixamos de sorprendernos no obradoiro. Esta vez tocoulle aos ovos. Separar as claras das xemas supuxo unha aventura descoñecida para algúns integrantes do noso equipo. Botamos man das habilidades dos máis entrenados e dos aparellos técnicos dos que dispoñemos...

 ... manualmente.

 ...coa tecnoloxía punta.


...con truco.

E entre asombro e curiosidade ímonos enchendo de sabiduría culinaria.





PASTEL DE CREMA CON FRAMBOESAS

      Ingredientes

·         9 láminas de pasta filo
·         Aceite de xirasol ou manteiga
·         200 g de framboesas
·         Almíbar (opcional): 20 g de azucre + 2 culleradas de mel + 150 ml de auga
·          azucre glas

       Crema pasteleira:

·         190 ml de leite + 65 ml de nata líquida
·         2 xemas de ovo
·         65 g de azucre
·         Esencia de vainilla
·         Pel de laranxa e limón / + póla de canela
·         20 g de maicena

Preparación

1.    Pincelar as láminas co aceite ou manteiga. Superpoñer dúas e forrar con elas un molde desmontable. Dobrar as demais, enrolalas en espiral, de fóra a dentro no molde.

2.   Nun cazo: leite + nata líquida + ½ azucre + pel cítricos + canela + vainilla. A ebullición.

3.   Bater xemas + maicena + ½ azucre. Mesturar isto co leite xa coado. Ao baño María ata que espese. Atemperar.

4.    Rechear o pastel. Ao forno prequecido, a 180ºC ata que dore.

5.   Atemperar o pastel e servilo coas framboesas e regado cun  almíbar clariño
     (cocendo o mel + 20 g de azucre + 150 ml de auga).
     Esparexer co azucre glas.



                                        5 ideas máis para traballar coa PASTA FILO




luns, 4 de abril de 2016

ETIQUETAS TRAMPA: NON SABEMOS O QUE COMEMOS!


"OCU lanzou unha campaña (2015) que se chama: "SABEMOS O QUE COMEMOS?". Con ela pretenden acabar coas etiquetas que chaman "etiquetas trampa" ou "etiquetas deshonestas". Neste vídeo explican o que son en realidade unha serie de produtos do supermercado: "RAIADO" que non é queixo; "PICADA" que non é carne picada; "ANELAS" que non son de calamar; lonchas de pavo con só un 60% de pavo; hamburguesas engañosas coa cantidade de carne; "RAVIOLIS DE BOLETUS" con só un 7% de boletus...
Estes e outros produtos son perfectamente consumibles, o que non está ben nin é xusto para os consumidores é que os merquemos pensando que son algo que en realidade non son."




domingo, 3 de abril de 2016

OS NOVOS ALIMENTOS (vídeo-reportaxe)


" Son raros, están de moda, véndense como sans, cada vez fálase máis deles e son os máis buscados polos catadores de novo. As novas tendencias en alimentación enchen os andeis dos mercados de KALE, BIMI, CHÍA, BULGUR, QUINOA ou ESPIRULINA, entre outros. Chámanos os SUPERALIMENTOS, anque algúns non son máis que a berza ou a col de toda a vida rebautizados con nome saxón"