receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 7 de abril de 2016

PASTEL DE CREMA CON FRAMBOESAS

Rico, rico.
A primeira vez que traballabamos coa PASTA FILO e o resultado final foi altamente satisfactorio. Coñecer distintos tipos de masas ábrenos un amplo abano de posibilidades para poder seguir disfrutando coa cociña.
Non deixamos de sorprendernos no obradoiro. Esta vez tocoulle aos ovos. Separar as claras das xemas supuxo unha aventura descoñecida para algúns integrantes do noso equipo. Botamos man das habilidades dos máis entrenados e dos aparellos técnicos dos que dispoñemos...

 ... manualmente.

 ...coa tecnoloxía punta.


...con truco.

E entre asombro e curiosidade ímonos enchendo de sabiduría culinaria.





PASTEL DE CREMA CON FRAMBOESAS

      Ingredientes

·         9 láminas de pasta filo
·         Aceite de xirasol ou manteiga
·         200 g de framboesas
·         Almíbar (opcional): 20 g de azucre + 2 culleradas de mel + 150 ml de auga
·          azucre glas

       Crema pasteleira:

·         190 ml de leite + 65 ml de nata líquida
·         2 xemas de ovo
·         65 g de azucre
·         Esencia de vainilla
·         Pel de laranxa e limón / + póla de canela
·         20 g de maicena

Preparación

1.    Pincelar as láminas co aceite ou manteiga. Superpoñer dúas e forrar con elas un molde desmontable. Dobrar as demais, enrolalas en espiral, de fóra a dentro no molde.

2.   Nun cazo: leite + nata líquida + ½ azucre + pel cítricos + canela + vainilla. A ebullición.

3.   Bater xemas + maicena + ½ azucre. Mesturar isto co leite xa coado. Ao baño María ata que espese. Atemperar.

4.    Rechear o pastel. Ao forno prequecido, a 180ºC ata que dore.

5.   Atemperar o pastel e servilo coas framboesas e regado cun  almíbar clariño
     (cocendo o mel + 20 g de azucre + 150 ml de auga).
     Esparexer co azucre glas.



                                        5 ideas máis para traballar coa PASTA FILO