receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

martes, 24 de novembro de 2015

ARROZ MELOSO CON LANGOSTINOS

Claro que disfrutamos coa receita. A medida que iamos integrando os ingredientes, un glorioso arrecendo comezaba a invadir a cociña e apuraba aínda máis as gañas de rematar para saborear o resultado.
E abofé que non andabamos desencamiñados.
UNHA MELOSA DELICIA!




ARROZ MELOSO DE LANGOSTINOS
           
Ingredientes

·         300 g de arroz de gran redondo
·         10 langostinos
·         ½ porro / ceboliño
·         1 cebola
·         1 dente de allo
·         1 vasiño de viño branco
·         2 tomates / 1 culler tomate concentrado
·         Pemento vermello
·         Caldo de peixe
·         100 ml de aceite de oliva
·         2 culleres de manteiga
·         Sal e pementa
                                              
Preparación

1.   Picar a cebola, o allo e o porro (limpo e lavado).

2.   Pelar os langostinos e sofreír as cascas e as cabezas 5´ cun pouco de aceite. Apretalas para que solten o xugo. Engadir o viño, cocer 2´ e bañar co caldo de peixe quente. Reducir 10´-15´.

3.   Saltear os langostinos (torados) coa manteiga e a metade do aceite. Retiralas.

4.    Nese aceite, + (cebola, allo, porro, pemento) 8´. + Tomate relado 10´.

5.    Engadir o arroz, salpimentalo e perlalo 1´, sen deixar de movelo.

6.   Engadir o caldo coado (1arroz x 3 caldo), pouco a pouco, e cocer uns 
      20´aprox, removendo de vez en cando.

7.   Engadir as gambas, ceboliño e aceite restante, baixar o lume. Cocer 1´máis e servir.