ENSAIO -ERROR. As cousas non sempre saen á primeira. E a nós, tampouco.
O primeiro intento saínos pouco feito no interior, estaba claro que ese non era o seu punto. Despois da cata, o noso equipo de CHEFS foi unánime: crúa.
Respetamos as características de cocción da receita orixinal (a 180ºC) e non puido ser, tivemos que subir a temperatura no novo intento, a 200ºC.
E a proba tédela diante.
A cociña ten o seu aquel e hai que dar con el.
TRENZA DE FROITOS SECOS E ARANDOS
Ingredientes
·
1 prancha de masa follada
·
50 g de noces
·
50 g de pistachos
·
50 g de arandos
·
Natillas
·
Unha clara de ovo
·
50 g de azucre glace
Preparación
1. Picar lixeiramente os froitos
secos e misturalos cos arandos.
2. Estirar a masa follada e cubrila
coas natillas sen chegar aos bordos. Engadir os froitos secos.
3. Dobrar a masa sobre o recheo. Á
neveira 10´ para poder manexala logo mellor.
4. Cortala pola metade ao longo sen
chegar ao final, teñen que quedar unidas.
5. Trenzar as dúas tiras deixando o
recheo á vista, cara arriba. Ao forno 30´ aprox. a 200ºC
6. Bater a clara coa azucre e
pintar a trenza co glaseado e introducila de novo no forno, xa apagado, 8´
7. Arrefriar e servir.