TIRAMISÚ
Ingredientes
· 200 g de biscoitos de soletilla (ver receita)
· 250 g de queixo mascarpone
· 250 g de queixo cremoso
· 50 g de azucre
· 2 tazas de café preparado
· 75 ml de leite
· 50 ml de licor doce
· Cacao en po / azucre
Preparación
1. Bater os queixos + 25 g azucre ata quedar cremosos.
2. Formar crema suave e homoxénea. Unha terceira parte desta pasala á manga pasteleira de boca ancha. Reservar na neveira.
4. Mesturar o café + resto azucre + licor. Mollar os biscoitos e cubrir o fondo do molde.
5. Verter 1/3 da crema e estendela. + Cacao.
6. Repertir outra vez a operación. Rematar cunha capa de crema. Coa manga pasteleira, dispoñer na superficie rosetóns coa crema de turrón. Á neveira 30´. Barutar con cacao no momento de servir.
Incorporamos a receita dos BISCOITOS DE SOLETILLA para coroar a elaboración do tiramisú e que, nunha ocasión anterior, tivemos o pracer de elaboralos e degustalos no noso obradoiro.
BISCOITOS DE SOLETILLA
Ingredientes
· 3 ovos
· 75 g de azucre
· 1 culler de azucre avainillado
· Un chisco de sal
· 75 g de fariña
· ½ culler de levadura en po
· Azucre glacé
Preparación
1. Bater nunha cunca: xemas + azucre + azucre avainillado ata conseguir unha mestura esponxosa e esbrancuxada.
2. Tamizar a fariña + levadura en po sobre a preparación anterior e remexer.
3. Noutra cunca montar as claras a punto de neve firme co sal e incorporalas pouco a pouco á mestura anterior de forma envolvente.
4. Rechear unha manga pasteleira coa masa e cunha boquilla lisa e grande formar tiras de 7-8 cm de largo por 2 de ancho aprox. sobre papel de forno. Cubrir con azucre glacé.
5. Ao forno prequecido a 200º durante 12´. Arrefrialos e despegalos do papel. Servir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario