receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 30 de marzo de 2017

A TELEVISIÓN DE GALICIA (TVG) NO NOSO OBRADOIRO DE COCIÑA


O noso traballo no obradoiro de cociña segue viaxando pola rede e polos medios de comunicación. Hoxe tivemos a enorme satisfacción de recibir a visita da TVG.






Estivemos en directo coas nosas receitas dentro da programación matinal no programa A REVISTA.
Experiencia moi gratificante para todos nós e para todos os que nos seguen e animan co seu apoio e cariño detrás dos fogóns.
Hoxe era un gran día e foi un gran día. Disfrutamos co directo e, polos comentarios dos "espectadores" nas distintas clases ( que seguiron o directo desde as aulas) e polas familias que nos arrouparon na distancia, foi todo un éxito. E nós coas nosas receitas esperamos corresponder ao agarimo recibido.

Neste enlace poderedes seguir a evolución do programa. A nós tocounos "actuar" no directo en dúas conexións entre os minutos 21´27´´- 22´ 50´´ e nunha segunda conexión entre os minutos 43´57´´- 48´40´´.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/a-revista
                                             A REVISTA 30/03/2017

Estas foron as receitas que elaboramos para a ocasión e que poderedes consultar neste mesmo blog de cociña.



MILFOLLAS DE COCIDO


PROFITEROIS CON CREMA DE LARANXA

Grazas a todos -as!


MILFOLLAS DE COCIDO

Comezamos con esta suculenta e orixinal versión en tosta do cocido galego...PARA DISFRUTAR!
Sinxela de facer, espectáculo visual e polas opinións de todos os que probaron...MANXAR DIVINO! UN COCIDO EN DOUS BOCADIÑOS!







MILFOLLAS DE COCIDO
           
Ingredientes

·         Friame de ourella
·         Friame de lacón cocido
·         Puré de patacas
·         Grelos ao natural en conserva
·         Puré de garavanzos
·         Chourizo
·         Aceite , pemento e sal
·         Pan
                                              
Preparación

1.    Preparar o puré de pataca segundo o fabricante.
2.    Triturar os grelos na súa auga e escorrelos. Misturalos co puré.
3.    Tostar o pan en rebandas.
4.    Picar o chourizo e secalo ao máximo para facer un “sal”.
5.    Golpe de microondas coa ourella e o lacón.
6.    Montar a milfollas do seguinte xeito
 Ourella
 Puré de garavanzos
 Lacón
 Puré de grelos+patacas co sal de chourizo  
 Pan torrado                                                
7.    Chisco de aceite de oliva e pemento para coroar.


PROFITEROIS ou PETITS-CHOUX

...E a receita doce foron estes deliciosos petits-chouxs






PROFITEROIS DE CREMA DE LARANXA
               
Ingredientes

·         Tres ovos + unha clara sen bater
·         125 g de fariña (un vaso)
·         80 g de manteiga
·         Unha  culleriña de azucre
·         250 ml de leite (un vaso)
·         Chisco de sal
·         Azucre

Preparación

1.   Misturar nun cazo: leite + manteiga + azucre + sal.

2.  Cando ferva, engadir a fariña de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.

3.   Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado.

4.   Engadir a clara e integrala.

5. Nunha placa, ao forno a 200ºc / 15´aprox. + 5´a 180ºC ata que estean douradiños.

6.  Arrefriar e rechealos (ver receita crema pasteleira) ao gusto. 



CREMA PASTELEIRA
               
Ingredientes

·         Catro xemas
·         100 g de azucre
·         200 g de nata líquida
·         300 g de leite
·         40 g de Maicena ( + fariña se se quere máis espesa)
·         Casca de laranxa

Preparación

1.   Misturar e quecer nun cazo: leite + nata líquida + metade de azucre + casca de laranxa.

2.   Nun bol, misturar e bater as xemas e ( Maicena + resto do azucre) ata que dobren o seu volume.

3.   Misturar o contido do bol cun pouco de leite do cazo.

4.   Botar todo no cazo co resto do leite (coado previamente) e deixar que espese ao baño maría. Remover de seguido para que non se pegue ao cazo.

5.   Cando a crema teña a textura desexada, arrefriala nun recipiente cun papel film transparente por riba da crema para que non colla casca.




xoves, 23 de marzo de 2017

NÓS PARTICIPAMOS !!!

Queremos que nos coñezades!
Desexamos viaxar na rede co noso  obradoiro!
Ilusiónanos compartir experiencias!
Buscamos máis emocións!


Por iso A COCIÑA DE ANDERSEN participa no XI Premio Espiral Edublogs e neste enlace http://goo.gl/bK0gM7 podedes consultar a nosa candidatura na páxina 2.



Grazas por acompañarnos!



xoves, 2 de marzo de 2017

ORELLAS

ENTROIDO! (3ª parte)

Terceira e última entrega por este ano para encher os bandullos. Temos máis variantes para esta receita pero ímolas estirar para outros anos, o mesmo que teremos que estirar a, e ben estirada, masa das orellas. 








ORELLAS 

Ingredientes

·         3 ovos
·        1/2  kilo aprox. 
·         Rela de limón
·         100 g de manteiga de porco
·         Belisco de sal
·         Azucre
·         Aceite
                                                          
Preparación

1.    Amasar todos os ingredientes e a fariña botala pouco a pouco ata que a masa forme unha bóla e non se pegue ás mans e ao recipiente.

2.    Repousar a masa media hora aprox.

3.    Estirar a masa moi fina e fritilas en aceite moi quente. Escorrelas e engadirlles azucre.