...E a receita doce foron estes deliciosos petits-chouxs
PROFITEROIS DE CREMA DE LARANXA
PROFITEROIS DE CREMA DE LARANXA
Ingredientes
·
Tres ovos + unha clara sen bater
·
125 g de fariña (un vaso)
·
80 g de manteiga
·
Unha culleriña de azucre
·
250 ml de leite (un vaso)
·
Chisco de sal
·
Azucre
Preparación
1. Misturar
nun cazo: leite + manteiga + azucre + sal.
2. Cando
ferva, engadir a fariña de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a
masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.
3. Coa
masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o
anterior estea integrado.
4. Engadir
a clara e integrala.
5. Nunha
placa, ao forno a 200ºc / 15´aprox. + 5´a 180ºC ata que estean douradiños.
6. Arrefriar
e rechealos (ver receita crema pasteleira) ao gusto.
CREMA PASTELEIRA
Ingredientes
·
Catro xemas
·
100 g de azucre
· 200 g de nata líquida
· 300 g de leite
·
40 g de Maicena ( + fariña se se quere máis espesa)
·
Casca de laranxa
Preparación
1. Misturar e quecer nun cazo: leite +
nata líquida + metade de azucre + casca de laranxa.
2. Nun bol, misturar e bater as xemas
e ( Maicena + resto do azucre) ata que dobren o seu volume.
3. Misturar o contido do bol cun pouco
de leite do cazo.
4. Botar todo no cazo co resto do
leite (coado previamente) e deixar que espese ao baño maría. Remover de seguido
para que non se pegue ao cazo.
5. Cando a crema teña a textura
desexada, arrefriala nun recipiente cun papel film transparente por riba da
crema para que non colla casca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario