Unha delicatesen a que acabamos de elaborar na cociña. Deunos un pouco de traballo napar os trozos de queixo coa pasta para os buñuelos pero finalmente conseguimos un bo resultado para o padal. O toque da mermelada de figos sorprendeu aos padais máis reacios a probar cousas novas, ao final as súas caras foron de aprobación.
E postos a falar...
"Estás coma un figo" "Non caerá esa breva"
(moi fraco) (dificultade de alcanzar algo moi desexado)
BUÑUELOS DE QUEIXO DE CABRA
Ingredientes
·
150 g de queixo de cabra
cremoso
·
Marmelada de figos
·
masa
·
75 g de fariña
·
2 ovos
·
50 g de manteiga
·
125 ml de leite
·
sal
Preparación
1. Nun cazo quecer o leite +
manteiga + ½ culleriña de sal. Levar a ebulición a lume lento e engadir a
fariña de golpe. Remexer cunha culler de madeira ata que a masa se despegue das
paredes.
2.
Retirar do lume e
atemperar.
3.
Incorporar os ovos de un
en un remexendo ata que se integren.
4.
Cortar o queixo en dados
e sumerxilos completamente na masa
preparada.
5. Fritir os buñuelos en
abundante aceite quente ata que douren. Escorrelos en papel absorbente.
6.
Servilos coa marmelada ou
inxectala nos buñuelos.
Deixámos este enlace para que sigades catando "virtualmente" máis exquisiteces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario