receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 9 de maio de 2018

BROWNIE

Un BROWNIE. Non faia. Cada vez que elaboramos este suculento postre americano o éxito está asegurado. Foi unha das nosas primeiras receitas cando empezamos a nova etapa de A cociña de Andersen. 

Nós dámoslle un toque particular coa incorporación do queixo cremoso. Esperta curiosidade e debate xa que moitos o confunden coa nata.
Aí o deixamos.






BROWNIES
               
Ingredientes

·         200 g queixo cremoso
·         250 g de azucre
·         2 ovos
·         100 g de manteiga
·         100 g de fariña barutada + ½ sobre de levadura en po
·         3 culleradas de cacao en po
·         Unha culleriña de esencia de vainilla
·         Noces picadas

Ingredientes para a cobertura (opcional)

·         100 g de azucre glas
·         50 g de manteiga
·         1 cullerada de leite
·         2 culleradas de cacao en po
·         50 g de chocolate Postre Nestlé
·         Noces para decorar

Preparación

1.     Bater queixo + 25 g azucre + vainilla

2.     Bater ovos + resto do azucre

3.     Nun cazo, derreter a manteiga + cacao a lume suave.

4.     Engadir á crema de ovo / + (Fariña baturada coa levadura) / + Noces               picadas.

5.     Nun molde “encamisado” ou forrado con papel de forno, botar: ½ capa do         preparado anterior / capa de queixo / resto do preparado.

6.    Ao forno prequecido previamente. A 180º C durante 40-50´. Enfriar no molde    e desmoldar.

7.     Cobertura: 
                     a- Fundir manteiga + leite
     b- Engadir azucre, cacao e chocolate
     c- Estender preparado e decorar coas noces