receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

luns, 19 de decembro de 2016

TRONCO DE TRUFA

Xa estamos de cheo nos preparativos da festa do Nadal e as vacacións no punto de 
mira. Xa as podemos tocar coa man. E como remate de festa decidimos facer o 
TRONCO.
Sinxelo. Rico. 
Despedimos o ano 2016 docemente con esta proposta. Grazas a todos e a todas 
por estar connosco e coa nosa Cociña de Andersen.
Felices e doces festas.




TRONCO DE TRUFA
           
Ingredientes do biscoito

·         65 g de fariña de améndoa
·         60 g de azucre glas
·         2 ovos e 3 claras
·         1 belisco de sal
·         15 g de azucre
·         25 g de fariña
·         25 g de manteiga

Ingredientes para a trufa

·         90 g de chocolate negro de cobertura
·         70 g de nata co 35% de materia grasa

Preparación

1.  Disolver o chocolate troceado na nata fervendo. Deixar repousar e bater enérxicamente.

2.    Bater: fariña de améndoa + azucre + ovos, 7 ´aprox.

3.    Montar as claras a punto de neve co sal. Cando estean escumosas, engadir o azucre e despois a fariña baturada. + manteiga fundida.

4.    Dispoñer a masa nunha capa fina e uniforme nunha fonte con papel de forno. Ao forno a 240ºC, 6´aprox.

5.    Sacala e envolvela nun pano húmido para que colla forma. Estirala e recheala de trufa. Enrolala de novo e cubrila co resto da trufa facendo incisións para semellar un tronco.


venres, 9 de decembro de 2016

POLVORÓNS DE AMÉNDOA

Xa están aquí as festas navideñas e temos que surtirnos de propostas para elaborar con calma pero con agarimo. Adiante coa primeira elaboración!



POLVORÓNS DE AMÉNDOA
           
Ingredientes

·         200 g de fariña
·         125 g de manteiga de porco
·         125 g de améndoa moída
·         Un limón
·         150 g de azucre glas

Preparación

1.    Remexer a manteiga a temperatura ambiente ata que estea cremosa.

2.    Engadir a fariña baturada + azucre e amasar cos dedos ata incorporalos.

3.    + reladura de limón + ½ zume de limón e seguir traballando a masa.

4.  Coa masa homoxénea engadir a améndoa e amasar ata integrala. Tapar cun pano e repousala 1h.

5.  Estirala e formar unha prancha de 1 ½ cm de grosor. Cortala con moldes e colocalos nunha placa con papel de forno.

6.   Ao forno prequecido a 160ºC / 30´ aprox. Arrefrialos e cubrir con azucre glas.