receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 27 de abril de 2017

ARROZ CON POLO

Un pouco de cociña de sempre, agradecida e socorrida: arroz con polo.
Haberá centos de formas, variantes ou como se queira chamalas, pero o meu fillo Pablo tena de especialidade. Sempre me di que hai que saber darlle o punto ao torradiño do tomate, el faino con salsa de tomate natural envasada en cubiños, cousa rica. Nós imos darlle un punto con tomate concentrado co seu permiso.

E polo resultado visual, a cata olfativa e a degustación gustativa todo foi sobre rodas...


cos 5´de repouso...





ARROZ CON POLO
           
Ingredientes

·         Arroz (1 taciña por persoa)
·         ½  pemento  verde, ½ pemento vermello
·         Allo
·         Caldo de verduras ou polo
·         Tomate concentrado
·         Aceite de oliva
·         Sal /ceboliño

Preparación

1.   Nun fondo de aceite douramos o allo e reducimos o tomate ao máximo ata que quede torradiño e pochamos os pementos en  taquiños miúdos.

2.    Engadimos o polo (salpementado) e refogámolo.

3.    + Arroz, movéndoo ata que quede perlado.

4.    + Caldo (por cada medida de arroz, catro de caldo quente). + Sal

5.   Removémelo cunha culler  e ímoslle engadindo máis caldo a medida que o vaia necesitando para que quede cremoso (a lume medio uns 20´ aprox.).

6.   Rectificamos de sal se fose necesario. Deixamos repousar un par de minutos e esparexemos cun pouco de ceboliño. Servimos.


...e o rechupeteado final!








sábado, 22 de abril de 2017

FELIZ CUMPREANOS, MARÍA ROSA

Forma parte da nosa historia, da historia de A COCIÑA DE ANDERSEN. Unha das mestras cociñeiras que durante anos encargouse de dirixir o obradoiro. Esta foto corresponde ao ano 2005. Xa choveu!, pero a ilusión de ver o taller en marcha fai que os nosos recordos se agolpen por momentos coa emoción do tempo pasado. Ganas non lle faltaban para lidiar coa cociña e arrincar daqueles trebellos ricas receitas que por momentos levantaban a admiración e aprobación de todos e todas os que pasaban por aqueles fogóns.

Cumpreanos feliz por cumprir anos e cumpreanos feliz polo seu merecido descanso de guerreira nas aulas. XUBILOUSE!

Cando dedicamos toda unha vida profesional ao ensino xeramos multitude de experiencias, emocións, sentimentos, debates, encontros,...que ás veces son difíciles de ordear, recordar ou administrar. Sirva esta imaxe para disparalos e reactivalos en cada unha das persoas que tivemos a oportunidade de compartilos contigo.

Grazas, María Rosa.



OS NOSOS "PASTEIS DE BELÉM"

Os nosos irmáns portugueses son uns auténticos e marabillosos mestres cos doces e desde esta humilde cociña queremos intentar acercarnos a unha das súas máis afamadas receitas. Seguramente, cometeremos erros na interpretación dos ingredientes e no proceso pero o entusiasmo e a curiosidade lévannos a intentalo.
Deixamos tamén o enlace á páxina oficial dos afamados "PASTEIS DE BELÉM" para que non vos perdades si decidides visitar Lisboa e pasar por Belém e degustalos. Seguro que será unha experiencia inesquecible.
E como diciamos pouco antes, non sempre todo sae ben. Esta vez confundímonos na cantidade de fariña e esquecímonos de engadir o xarope e...ERRAMOS! Enon foi posible unha degustación en condicións, dos erros aprendemos tamén. Sin desanimarnos intentámolo novamente e aquí tedes o resultado. O fracaso tamén nos ensina a recuperarnos e facernos á idea de que todo, todo bonito, non é posible ás veces.
Outro dos éxitos desta receita portuguesa é o follado, moi parecido á textura da pasta filo, pero nós conformámonos con empregar un xa elaborado que non está á altura do seu pero que permite acadar con dignidade o seu obxectivo.
Se tedes a oportunidade de fartarvos con eles seguranente con pedir unhas natas sexa suficiente para identificalos (aínda que non a leven na súa elaboración).







OS NOSOS “PASTEIS DE BELÉM”
           
Ingredientes

·         Masa de follado
·         Xarope (500 g de azucre + 250 ml auga)
·         7 xemas de ovo
·         30 g de fariña
·         30 g fariña de millo (Maicena)
·         500 ml de leite
·         Póla de canela
·         Pel de limón

Preparación

1.   Enrolar o follado e cortalo en rebandas coa altura do molde. Deixalo no molde 20´
2.    Humedecer os dedos e aplastalo  polos lados (bordo groso e alto).

3.    Recheo:
a)    Darlle un só fervor ao leite + canela + pel limón.
b)    Mesturar as fariñas cun pouco de leite frío.
c)    Engadirlle o leite quente. Atemperar, + xarope frío.
d)    Incorporar as xemas lixeiramente batidas e mesturar.

4.  Rechear os moldes coa crema. Ao forno prequecido a 200ºC 20´aprox. Ata que estean douradiños.

5.    Arrefriar e esparexer con azucre glas e canela en po ao gusto.





mércores, 5 de abril de 2017

UN POUCO DA NOSA HISTORIA



HABÍA UNHA VEZ...

O noso obradoiro de cociña non é novo. Ten a súa historia.

Fai moitos anos, polo ano 1985, a idea de crear obradoiros dentro do horario escolar xurdiu coa idea de abrir portas a outras actividades e descansar un pouco das materias e contidos que nos ocupaban a maior parte do tempo escolar.

Foron moitos os obradoiros que poidemos gozar e compartir no noso colexio: fotografía, teares, xardinería, construcción de xoguetes, costura, sombras chinesas, ecobradoiro, arqueoloxía, danzas do mundo, informática...e cociña.

O obradoiro de cociña foi e é un dos máis solicitados xa que á parte de ser un obradoiro activo e manipulativo, pódese degustar do realizado unha vez finalizado o mesmo.

Una proba diso son os innumerables cadernos de receitas que cada un dos participantes garda con mimo, coma aqueles recetarios das nosas nais e avoas gardados en vellos papeis ou na memoria da tradición familiar.

Carolina, antiga alumna do colexio, achegounos un deses pequenos tesouros que se resisten a perderse no tempo e que con sumo agarimo reviven de vez en cando ao lembrar aquelas horas de laboriosa actividade culinaria na escola.



Como reza na súa libreta de notas, aquel 11 de febreiro de 1998, Carolina e o resto do equipo de participantes enfrontáronse ao biscoito de iogurt. Coas faltas de ortografía propias dos nervios do momento pero co arrecendo dos sabores do biscoito saíndo do forno e conquistando os padais daqueles intrépidos cociñeiros e cociñeiras.

Moitas grazas a todos e todas de parte dos profescocinillas que fomos pasando ao longo de todos estes anos polo obradoiro e que contemplamos con ilusión como uns sinxelos recetarios seguen a formar parte das vosas vidas.

UNHA DOCE APERTA.


BOLIÑOS INGLESES NA CLASE DE INGLÉS

Os peques de Andersen tamén cociñan na clase de inglés!!!

Xa que estamos ás portas da Semana Santa na clase de inglés de 6º Educación Infantil e 1º Educación Primaria están descubrindo os xogos tradicionais desta época do ano no Reino Unido e degustando uns dos doces típicos que se preparan no Venres Santo. Hot Cross Buns son uns boliños especiados que se caracterizan pola cruz que os adorna.

Están deliciosos por si mesmos recén feitos, todavía quentiños. Ao ser pouco doces, son ideais para degustalos coa manteiga, marmelada o un queixo cremoso e mel. Aguantan tenros un par de días, pero si van sobrar pódense torrar.


Ingredientes para uns 12 boliños:
  • 500 g de fariña de forza 
  • 250 ml de leite morna
  • 2 ovos
  • 55 g de manteiga sen sal a temperatura ambiente
  • 50 g de azucre
  • 20 g de levadura fresca de panadería
  • 1/4 culleriña de sal 
  • 1/2 culleriña de canela
  • 1/4 culleriña de clavo
  • 1/4 culleriña de noz moscada 
  • Reladura de 1 limón
  • 75-100 g de pasas 
  • Decoración: 
    • 100 gr. de fariña 
    • 100-125 ml de auga 
    • 100 gr de azucre 

Se non quedou ben clariña a receita, aquí tedes  o vídeo ben clariño...



 E como non...Os cociñeiros e cociñeiras que disfrutaron cos boliños!!!











Grazas e bo proveito peques!!!