receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

sábado, 22 de abril de 2017

OS NOSOS "PASTEIS DE BELÉM"

Os nosos irmáns portugueses son uns auténticos e marabillosos mestres cos doces e desde esta humilde cociña queremos intentar acercarnos a unha das súas máis afamadas receitas. Seguramente, cometeremos erros na interpretación dos ingredientes e no proceso pero o entusiasmo e a curiosidade lévannos a intentalo.
Deixamos tamén o enlace á páxina oficial dos afamados "PASTEIS DE BELÉM" para que non vos perdades si decidides visitar Lisboa e pasar por Belém e degustalos. Seguro que será unha experiencia inesquecible.
E como diciamos pouco antes, non sempre todo sae ben. Esta vez confundímonos na cantidade de fariña e esquecímonos de engadir o xarope e...ERRAMOS! Enon foi posible unha degustación en condicións, dos erros aprendemos tamén. Sin desanimarnos intentámolo novamente e aquí tedes o resultado. O fracaso tamén nos ensina a recuperarnos e facernos á idea de que todo, todo bonito, non é posible ás veces.
Outro dos éxitos desta receita portuguesa é o follado, moi parecido á textura da pasta filo, pero nós conformámonos con empregar un xa elaborado que non está á altura do seu pero que permite acadar con dignidade o seu obxectivo.
Se tedes a oportunidade de fartarvos con eles seguranente con pedir unhas natas sexa suficiente para identificalos (aínda que non a leven na súa elaboración).







OS NOSOS “PASTEIS DE BELÉM”
           
Ingredientes

·         Masa de follado
·         Xarope (500 g de azucre + 250 ml auga)
·         7 xemas de ovo
·         30 g de fariña
·         30 g fariña de millo (Maicena)
·         500 ml de leite
·         Póla de canela
·         Pel de limón

Preparación

1.   Enrolar o follado e cortalo en rebandas coa altura do molde. Deixalo no molde 20´
2.    Humedecer os dedos e aplastalo  polos lados (bordo groso e alto).

3.    Recheo:
a)    Darlle un só fervor ao leite + canela + pel limón.
b)    Mesturar as fariñas cun pouco de leite frío.
c)    Engadirlle o leite quente. Atemperar, + xarope frío.
d)    Incorporar as xemas lixeiramente batidas e mesturar.

4.  Rechear os moldes coa crema. Ao forno prequecido a 200ºC 20´aprox. Ata que estean douradiños.

5.    Arrefriar e esparexer con azucre glas e canela en po ao gusto.





Ningún comentario:

Publicar un comentario