receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 11 de maio de 2017

TARTA DE AMÉNDOA

Todo un clásico na nosa respostería. E non deixa indiferente a ningúen. Fácil de facer e máis fácil de comela.

"Non se sabe nada acerca do consumo de améndoa en Galicia durante a Idade Media pero sábese que a carestía deste alimento convertíao nun luxo reservado a poucos. A primeira noticia que se ten do uso deste "biscoito de améndoa", ao que hoxe coñecemos como Torta de Santiago, procede de 1577 durante unha visita de Pedro de Porto á Universidade de Santiago aínda que por aquel entón era denominada "torta real" a elaboración e a proporción dos ingredientes facía pensar no que denominamos hoxe en día "Torta de Santiago". As primeiras receitas fiables proceden de apuntamentos de Luís Bartolomeu de Leybar que datan de 1838 baixo o epígrafe de "Torta de Améndoa".

A orixe da Cruz de Santiago representada na súa superfice data do 1924 no que a compostelá «Casa Moura» comeza a adornar as tortas de améndoa coa que sería a súa silueta característica, alcanzando gran éxito en Galicia e no resto de España.

O 3 de marzo de 2006 a Torta de Santiago entrou no rexistro de Indicación Xeográfica Protexida."

Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Tarta_de_Santiago








TARTA DE AMÉNDOA ou DE SANTIAGO
               
Ingredientes

·         250 g de fariña de améndoa
·         250 de azucre
·         Rela dun limón
·         4 xemas de ovo
·         Unha copiña de coñac
·         4 claras a punto de neve

Preparación

1.  Mistúranse todos os ingredientes menos as claras que se deixan para o último momento e agregaranse con movementos envolventes para que non baixen.

2. Nun molde encamisado (manteiga / fariña) botar a masa resultante (é moi aconsellable forrar o fondo do molde con papel de forno)

3.  Ao forno (previamente prequecido) a 180º  / 20´- 30´aprox.

4.  Arrefriar e salferir con azucre glas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario