Tiñamos que arrincar un saboroso éxito coa última receita e abofé que o conseguimos cando presentamos a proposta e cando a levamos á boca e explosiaron os sabores da burguer co CHUTNEY (condimento agridoce, unha especie de confitura que se elabora con froitas ou verduras cocidas en vinagre, con especias moi aromáticas e azucre).
HAMBURGUESA MINI DE PORCO CON MAZÁ
Ingredientes
·
400 g de carne picada de
porco
·
50 g de touciño
entrefebrado
·
2 mazás
·
½ cebola
·
Vinagre de mazá
·
Un pouco de xenxibre
·
150 g de azucre
·
Un chisco de curry
·
Unha póla de canela
·
Panciños mini
·
Sal, pementa e aceite de oliva
Preparación
1.
Picar o touciño e a
cebola e engadilos á carne. Salpementar.
2.
Engadir unhas gotas de
aceite, amasar e integrar os ingredientes.
3.
Tomar porcións e formar
as hamburguesas. Reservalas no frigo.
4.
Pelar as mazás e formar
dadiños + azucre + 4 culleres de vinagre. Maceralo 5´. + curry + canela +
xenxibre relado. Sazoar e cocer a lume medio 30´, removendo a miúdo o chutney
5. Torrar os panciños pola
metade. Asar as hamburguesas cunhas gotas de aceite, 3´por cada lado.
6. Colocalas sobre os
panciños co chutney.
Ningún comentario:
Publicar un comentario