receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 16 de outubro de 2015

TARTALETA DE COGOMELOS E XAMÓN


 Estamos no tempo dos cogomelos (FUNGO, CERROTA, ZARROTA, PAN DE SAPO, PAN DE COBRA). Aínda que non dispoñemos de tempo para a súa recolección si podemos acercarnos á tenda e aproveitar a enorme variedade da que dispoñen. 
Moitas son de invernadoiro pero non deixan de ter o seu encanto no noso padal.



TARTALETAS DE COGOMELOS E  XAMÓN
           
Ingredientes

·         Masa quebrada (ver receita tarta limón e merengue (sen azucre))
·         150 g de cogomelos
·         100 g de xamón
·         1 cebola
·         125 g de queixo emmental relado
·         125 ml de nata líquida
·         4 ovos
·         Aceite, sal, perexil e pementa.
                                              
Preparación

1.    Encamisar (manteiga e fariña) os moldes e forralos coa masa quebrada. Pinchar a masa. Cubrila con papel sulfurizado + garavanzos secos . Ao forno 15´/ 200ºC

2.    Picar a cebola. Limpar,  lavar, secar e trocear  os cogomelos.

3.    Nunha tixola con dúas culleres de aceite, pochar a cebola. Engadir cogomelos ata que evapore a auga que solten. + Xamón.  Salferir moderadamente e cocer 10´.

4.    Cascar e bater ovos + nata + sal + pementa ata integralas. + Queixo, + preparación de cogomelos, + perexil. Remexer.

5.    Encher a tartaleta; ao forno 15´/ 200ºC. Servir.