Hoxe toca unha receita salgada. No obradoiro procuramos alternar doce con salgado.
A nosa proposta é un aperitivo sinxelo de elaborar.
FOLLADIÑOS DE BACALLAO E OLIVADA
Ingredientes 
·        
Base de follado
·        
Bacallao afumado
·        
1 ovo
·        
Fariña
·        
150 g de olivas negras sen óso
·        
1 dente de allo
·        
1 culleriña de: ourego, tomiño, zume
de limón
·        
1 vasiño de aceite de oliva
·        
Sal /sal en escamas
·        
Pementa / pemento doce
Preparación
1.   
Triturar: allo+ ourego+ tomiño+
limón+ aceite+ olivas + chisco de sal. Facer pasta densa.
2.   
Estirar o follado sobre fariña e
facer tiras de 4 x10 cm. Untalas coa olivada.
3.   
Cortar o bacallao en tiras e
colocalas sobre a metade das tiras de follado. Cubrir coa outra metade e
pintalas co ovo batido.
4.   
Formar rolos e pintalas con máis
ovo. Salferir  co sal de escamas e
pementa.
5.   
Ao forno, sobre papel de forno, a
180º / 20´-25´ata douralos.
6.   
Retirar e arrefriar. Salferir co
pemento doce.
