Chegado o tempo do Samaín e, por suposto, das CABAZAS, estabamos na obriga de traballar co produto estrela da cabaza.
Adornamos a nosa proposta con nata montada pero pódese prescindir dela e realzar o sabor e color da nosa protagonista "alaranxada"
TORTA DOCE DE CABAZA
Ingredientes
Para a masa:
·
175 g de fariña
·
100 g de manteiga
·
1 cullerada de azucre moreno
·
3 culleradas de auga fría
·
Sal
Para o recheo:
·
500 g de cabaza
·
3 ovos
·
Unha póliña de canela
·
80 g de azucre moreno
·
Monda de laranxa
·
Nata montada (opcional)
Preparación
1. Pelar e trocear a cabaza.
2. Nun cazo con auga, cocer: cabaza
+ canela + monda de laranxa. A lume suave 20´aprox.
3. Triturar soamente a cabaza e
arrefriar o puré fino.
4. Masa: misturar fariña + manteiga +
azucre + chisco de sal. Coa masa tipo pan relado, engadir auga fría e amasar e
formar unha bola. Tapar e repousar na neveira unha hora mínimo.
5. Estender a masa e forrar un
molde encamisado. Pinchar a base. Ao forno a 180ºC ata que doure. Arrefriar.
6. Bater ovos + azucre ata esponxar
e misturar coa cabaza. Verter no molde. Ao forno a 180ºC, 40´ aprox. ata que se
doure. Arrefriar e (decorar con nata montada) servir.
Despois de cociñar,
e de saborear a torta,
e para crear un ambiente terrorífico
podedes entrar...
NA COCIÑA DO TERROR
Ningún comentario:
Publicar un comentario