Estamos no tempo das castañas, no tempo do Samaín. Xuntóusenos todo e non damos co recado.
Na nosa cociña tamén queremos fundirnos coas castañas. Sabemos que o abano de posibilidades culinarias é enorme, pero nós imos darlle ao doce.
Proximanente poderemos degustalas asadas no Monte dos Pozos, coma todos os anos no noso particular magosto, onde todo o colexio acode despois dunha boa camiñata e co apetito a punto.
TORTA DE CASTAÑAS
Ingredientes
·
Dúas pranchas de masa de biscoito
·
500 g de crema de leite
·
100 g de azucre
·
150 g de chocolate negro
·
1 bote mediano de castañas en
xarope
·
1 bote de doce de leite
·
1 culleriña de esencia de vainilla
·
(xarope opcional = 125 ml auga +
50 g azucre ou o xarope das castañas)*
Preparación
1.
Nun bol: 400 g de crema de leite +
150 g de azucre. Bater a punto de nata e reservar.
2. Noutro bol (ao baño maría): 100 g
de crema de leite + chocolate troceado. Derreter a lume suave. Retirar e
reservar.
3. Escorrer as castañas, tallalas e
remexelas coa vainilla + a nata montada.
4. Montar a torta: disco de biscoito,
bañado co xarope* + capa de doce de leite + crema de leite montada e coas
castañas talladas + biscoito*.
5. Cubrir coa crema de chocolate toda
a superficie da torta. Arrefriar na neveira. Decorar ao gusto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario