Se queredes saber un pouco máis da pantxineta de Otaegui e da Belle Époque donostiarra aquí tedes un enlace interesante. PANTXINETA
PANTXINETA
Ingredientes
·
2 láminas de masa follada
·
1 ovo
·
75 g de améndoa fileteada crúa
Crema
·
250 ml de leite
·
2 xemas de ovo
·
60 g de azucre
·
25 g de maicena
·
20 g de manteiga
·
100 g de améndoa moída
·
Casca de limón
Preparación
1. Nun cazo, ferver o leite + casca
de limón. Retirar e coar.
2. Bater xemas + azucre. + (maicena
diluída nun pouco de leite tibio) e engadilas ao cazo e remexer. Cocer ao baño
maría e retirar. + Manteiga. + Améndoa moída (lixeiramente torrada nunha tixola).
3. Facer discos (6) de masa follada
de 10 cm e 12 cm de diámetro (pinchar os últimos).
4. Dispoñelos do seguinte xeito:
círculo pequeno + crema (deixar libres os bordos para pincelalos con ovo batido)
+ círculo grande. Presionar os bordos para selalos.
5. Pincelar a superficie co resto
do ovo, + láminas de améndoa. Ao forno a 180ºC / 35´aprox.
6. Arrefriar e esparexer con azucre
glace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario