receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 16 de decembro de 2020

CANAS DE CREMA PASTELEIRA

 


CANAS DE CREMA PASTELEIRA

               

Ingredientes        

  • Masa milfollas
  • ( 12 cilindros metálicos)


Preparación


1.  Etirar a masa, despois de desconxelala a temperatura ambiente, sobre unha superficie enfariñada.

 

2. Cortala en tiras (ao gusto) e enrolalas nos cilindros metálicos sen chegar aos extremos. Selar con auga e pintalas con ovo batido.


3.  Ao forno prequecido a 200ºc / 10´-15´

4.  Desmoldar, arrefriar e reencher coa crema pasteleira (ver receita).

 


CREMA PASTELEIRA

           

Ingredientes

  •          Catro xemas
  •          125 g de azucre
  •          125 g de nata líquida
  •          375 g de leite
  •          40 g de Maicena
  •          Casca de limón


Preparación


1.  Misturar e quecer nun cazo: leite + nata líquida + metade de azucre + casca de limón.

 

2.  Nun bol, misturar e bater as xemas e ( Maicena + resto do azucre) ata que dobren o seu volume.


3.  Misturar o contido do bol cun pouco de leite do cazo.


4.  Botar todo no cazo co resto do leite (coado previamente) e deixar que espese ao baño maría. Remover de seguido para que non se pegue ao cazo.


5. Cando a crema teña a textura desexada, arrefriala nun recipiente cun papel film transparente por riba da crema para que non colla casca.









venres, 13 de novembro de 2020

TARTA DE CASTAÑAS

 



TARTA DE CASTAÑAS

           

Ingredientes


  •          Tres pranchas de masa de biscoito xenovés
  •          (ver receita en A cociña de Andersen)
  •          400 g de crema de leite
  •          150 g de azucre glacé
  •          150 g de chocolate negro
  •          1 bote mediano de castañas en xarope
  •          1 bote de doce de leite
  •          1 culleriña de esencia de vainilla
  •          (xarope opcional = 125 ml auga + 50 g azucre ou o xarope das                          castañas)*


Preparación


1.    Nun bol: 300 g de crema de leite + 150 g de azucre glacé. Bater a         punto de nata e reservar.


2.    Noutro bol: 100 g de crema de leite + chocolate troceado. Derreter a       lume suave. Retirar e reservar.


3.    Escorrer as castañas, tallalas e remexelas coa vainilla.


4.    Montar a tarta: disco de biscoito* + capa de doce de leite + biscoito*      +  crema de leite montada e coas castañas talladas + biscoito*


5.    Engadirlle ao chocolate a crema de leite montada restante.


6.    Cubrir coa crema de chocolate toda a superficie da tarta. Decorar ao     gusto.

EMPANADA DE ATÚN

 

Despois de dúas sesións de doces, pasamos a dúas receitas salgadas. E tocounos lidiar coa masa follada...


EMPANADA DE ATÚN        

Ingredientes

  • Dúas pranchas de masa follada ou normal
  • Dúas cebolas
  • Atún
  • Pemento morrónDous ovos     
  • Papel de forno
  • Chisco de sal
  • Aceite  

 Preparación

1.   Desconxelar a masa a temperatura ambiente.

2.  Picar as cebolas e refogalas a modiño nunha tixola ata   que estean   caramelizadas ao gusto. Engadirlle o pemento picadiño. Chisco de sal.

3.   Engadir o atún  esmigallado. Misturalo co rustrido. 

5.  Estirar unha das pranchas sobre o papel de forno e estender o rustrido. Relar un   ovo cocido. Tapar coa outra prancha e selar os bordes. Pinchar cun garfo a   superficie.


6.  Pincelar cun ovo batido. 

7. Meter a empanada no forno prequecido tendo en conta as recomendacións   do fabricante da masa follada ou cando nos vexamos que a cor da masa ten   unha textura adecuada. (180ºc- 190ºc / 20´- 25´aprox.)






                               









QUICHE LORRAINE

 

E seguindo coas masas salgadas non podemos esquecernos da masa quebrada da quiche. Un bo recheo e...


QUICHE   LORRAINE 
               
Ingredientes para a masa quebrada

·         150 g de fariña
·         70 g de manteiga
·         ½  culleriña de sal
·         ½  culleriña  de azucre
·         1 xema de ovo
·         Un chorriño de leite

Ingredientes para o recheo

·         Tiras de touciño entrefebrado
·         Tiras de xamón cocido
.          Pemento morrón
·         200 g queixo relado
·         250 cl de nata líquida
·         4 ovos
·         1 vaso de leite fría

Preparación

1.  Misturamos todos os ingredientes nesa orde. Facemos unha bóla e   forrada con film a metemos na neveira media hora.

2.   Nun molde enfariñado estiramos a masa. Ao forno, 10´-15´ a 180ª  sin  que dore. Pintamos con clara de ovo para impermeabilizala e un minuto ao calor do forno.

3. Pasamos pola tixola o touciño entrefebrado. Posteriormente     engadimos: o xamón e o pemento morrón. 

4.   Bater os ovos coa nata e o leite.

5.  Colocamos na base o recheo e engadimos a cantidade necesaria do   apartado 4  máis o resto do queixo por riba.

6.   Ao forno a 180º ata que calle e dore.

martes, 10 de novembro de 2020

TARTA DE AMÉNDOA OU DE SANTIAGO

 E seguimos probando sabores. Esta vez repetimos unha tarta que nunca faia. Sinxela, poucos ingredientes e un resultado espectacular.


TARTA DE AMÉNDOA ou DE SANTIAGO

           

Ingredientes


·         250 g de fariña de améndoa

·         250 de azucre

·         Rela dun limón

·         4 xemas de ovo

·         4 claras a punto de neve


Preparación


1.   Mistúranse todos os ingredientes menos as claras que se deixan para o último momento e agregaranse con movementos envolventes para que non baixen.


2.  Nun molde encamisado (manteiga / fariña) botar a masa resultante (é moi aconsellable forrar o fondo do molde con papel de forno)


3.    Ao forno (previamente prequecido) a 180º  / 20´- 30´aprox.


4.    Arrefriar e salferir con azucre glas.






PETITS-CHOUX DE NATA E CHOCOLATE


 XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Olvidos, cansancio, falta de constancia, moito traballo con outros temas, coronavirus, confinamentos...fixeron de tapón da actividade. 

E voltamos neste curso especial para pelexar outra vez co apaixoante mundo da cociña. Son eles e elas os que co seu entusiasmo fan posible que sigamos coas receitas e a maxia de dar forma e sabor as nosas/súas creacións. 

Moitas das propostas xa cobraron vida con outros grupos pero os/as novos/as artistas  necesitan empezar co básico. Para todos/as é unha nova aventura.

Empezaron (6º EP /2º ESO) coa profe Noelia mentras eu recuperábame lonxe da cociña do cole. Descubiron a tortilla de patacas...

e as filloas...

e hoxe atacamos coa masa choux para facer os...


PETITS-CHOUX DE NATA E CHOCOLATE

           

Ingredientes


·         Pasta choux:


100 ml de leite

100 ml de auga

80 g de manteiga

120 g de fariña + ½ levadura en po

3  ovos

 1 culleriña de azucre (4 g)

Un belisco de sal


Preparación


1.    Misturar nun cazo: leite + auga + manteiga + azucre + sal.

 

2.    Cando ferva, engadir a (fariña + levadura) de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.


3.    Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado.


4.  Nunha placa, ao forno a 180ºc / 20´aprox. + 5´a ,co forno apagado, ata que estean douradiños.


5.    Arrefriar e rechealos ao gusto.



Recén saidiños do forno.