"Denomínanse pasta os alimentos preparados a partir dunha masa (a palabra pasta vén do italiano "pasta", que significa masa) cuxo ingrediente básico é a fariña de trigo mesturada con auga formando un produto que xeralmente é cocido en auga. Comunmente adóitase empregar a especie Triticum durum (trigo duro) na súa elaboración."
https://gl.wikipedia.org/wiki/Pasta
Pódense atopar diferentes tipos de pasta, fresca ou non, e de diversos tamaños, formas e variedades. Probablemente a máis coñecida é o espaguete. Os macarróns son outro dos tipos de pasta máis coñecidos, estes son de diversos tamaños, aínda que os máis coñecidos son aqueles de forma cilíndrica e ocos."
Para saber máis: https://es.wikipedia.org/wiki/Pasta
ESPAGUETIS CON PREBE DE QUEIXO E NOCES
Ingredientes
·
500 g de espagueti
·
2 dentes de allo
·
100 g de noces peladas
·
300 g de queixo ricotta
·
350 l de leite
·
100 ml de viño branco
·
2 culleradas de aceite de oliva
·
Pemento doce
·
Ceboliño picado
·
Sal e pementa
Preparación
1. Laminar os allos e picar as
noces
2. Nunha tixola co aceite, dourar
os allos e engadir as noces. Refogalas uns minutos. + Viño branco e que evapore
o alcol.
3. + Leite, + ricotta. Salpimentar.
Mesturar cunha culler de madeira e cocer uns minutos máis. Reservar o prebe.
4. Cocer os espaguetis ao dente en abundante
auga salgada. Arrefrialos con auga fría nun coador.
5. Servilos condimentados co prebe
reservado. Esparexer cun pouco de pemento doce, ceboliño picado e unhas poucas
noces sen picar.