Receita elaborada.
Tivemos que vencer os prexuizos: "Non me gusta o bacallao", "Nunca probei os pementos"...
E superamos a proba con nota. Todo o mundo probou os pementos recheos e todos deron a súa conformidade á receita, á mistura de sabores...
É agradable e satisfactorio comprobar que no noso obradoiro imos superando barreiras e vencendo os medos a probar novos sabores. Simplemente por iso merece a pena seguir cociñando e...seguir descubrindo cousas tan sinxelas como o funcionamento dunha picadora eléctrica ou a composición dun "FUMET". Cousas da vida!
PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS
Ingredientes
·
Pementos do Piquillo enteiros
·
300 g de bacallao desalgado
·
2 cebolas pequenas
·
2 allos
·
50 ml de viño branco
· 150 ml de caldo de peixe
·
1 lata de carne de caranguexo
·
50 ml de nata
·
Aceite de oliva
·
Sal e pementa
·
Fariña e ovo
Preparación
1. Sofreír unha cebola cun fondo de
aceite (7´aprox.). + Allo picados finamente, + media culler de fariña, + viño
branco, + bacallao esmiuzado, + caranguexo esmiuzado e libre de auga + caldo de
peixe, + sal. (5´aprox.).
2. Escorregar e despebidar os
pementos e rechealos cunha manga coa preparación anterior.
3. Prebe:
Sofreír un allo laminado + dúas culleradas de aceite. Retiralo e engadir a
outra cebola e sofreíla 7´aprox.+ un pemento piquillo picado, + un pouco do
recheo, + un pouco de fumet. Esparexer con media culleriña de fariña e refogar 2´. Engadir a nata fóra do lume e
remexer. Pasar por un chino.
4. Rebozar en fariña e ovo os
pementos pechados cun palillo e fritilos.
5. Dar un fervor á salsa e vertela
e colocar nela os pementos recheos.