receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 3 de marzo de 2016

CROQUETAS DE ATÚN E ALGAS

As croquetas! Non hai nada mellor que unhas boas croquetas de entrante en calquera celebración que se prece. As nosas teñen un toque mariño. Poderiámolas chamar con todos os honores as CROCOMARES (croquetas coquetas do mar), porque, sen dúbida, quedaron preciosas e apetecibles. 
Bo proveito para os que se atrevan a probalas.






CROQUETAS DE BONITO
           
Ingredientes

·         200 g de atún
·         Algas
·         Lata de mexillóns ao natural
·         500 ml de leite
·         100 g de manteiga
·         125 g de fariña
·         100 g de pan relado
·         2 ovos
·         Fariña para rebozar
·         Sal /Aceite para fritir.
                                                          
Preparación

1.  ROUX: Nunha tixola, manteiga a derreter + fariña ata que se integre e se despegue das paredes, procurando que se cociñe ben a fariña. Engadir un pouco de leite (quecido previamente e salgado) e seguir remexendo coas variñas. Botar o resto do leite e seguir remexendo ata formar unha bechamel cremosa que se despegue das paredes.

2.    Engadir bonito esmiuzado + mexillóns picadiños + algas. Arrefriar.

3.    Introducir a masa arrefriada nunha manga e facemos as croquetas.

4.    Pasalas por fariña + ovo batido + pan relado.


5.    Fritir en aceite quente. Poñelas sobre papel de cociña. Presentar e servir.