"Deus, ceos que ricas están!"
E non o dixen eu. Escapóuselle a unha das nosas cociñeiras despois de saborear os primeiros bocados da nosa última tentación: as BERLINESAS.
Non imos dicir nada máis. Deixámos aquí a receita por si...
BERLINESAS RECHEAS DE CREMA
Ingredientes
·
290 g de fariña
·
125 ml de leite
·
2 ovos
·
50 g de manteiga
·
1 sobre de levadura de panadería deshidratada
·
Azucre
·
Aceite de xirasol
·
Canela moída
·
Crema pasteleira:
·
250 ml de leite
·
65 g de azucre
·
2 xemas de ovo
·
20 g de Maicena
·
Cortiza de limón
Preparación
1. Crema pasteleira: (ver receita no blog )
2. Nunha cunca: levadura + ½
cullerada de azucre + 30 ml de auga morna + leite morno. Mesturar e deixar
repousar 10´.
3. Engadir manteiga derretida + ovos + cullerada de azucre + fariña (engadir máis fariña se fose necesaria para que se desprenda con facilidade). Amasar ata obter masa homoxénea.
4. Formar unha bóla, enfariñala e
repousala nun bol encamisado e tapado con film ata que dobre o seu volume.
5. Traballar a masa 5´ e estirala
cun rolo de cociña nunha superficie enfariñada ata obter unha prancha de 1 cm de
grosor.
6. Formar discos de 6 ou 8 cm de
diámetro coa masa. Colocalos sobre papel de cociña. Tapalos cun pano e deixalos fermentar outros 30´.
7. Fritir as berlinesas en
abundante aceite ata que douren polas dúas caras. Retiralas sobre papel absorbente.
8. Rechealas coa crema e rebozalas en azucre con canela