Que ricas!
Buscabamos un sabor tradicional, de sempre.
Lembro aquelas navidades nas que á hora do postre aparecían aquelas madalenas na súa bolsa de celofán enriba da mesa e os meus ollos preguntaban cando era a hora de poder fincarlles o dente. Xa pasaron diso moitos invernos e hoxe outra vez volve ao meu recordo aquel doce sabor navideño.
O meu equipo de "expertos" cumpriu sobradamente coa proba de hoxe e quedaron coas ganas de repetir. Espero noticias das súas propias madalenas caseiras.
MADALENAS DE ACEITE
Ingredientes
·
280 g de azucre
·
200 ml de aceite de xirasol
·
5 ovos
·
Reladura de limón
·
200 g de fariña
·
10 g de levadura en po
Preparación
1. Nunha cunca: aceite + 200 g de
azucre. Batelos ata que blanqueen.
2. Engadir os ovos, de un en un e
sen deixar de bater ata integralos.
3. Engadir (fariña baturada +
levadura), en dúas partes.
4. + Reladura de limón e remexer
suavemente.
5. Colocar a masa nas cápsulas (2/3
en cada cápsula) de papel rizado e no
molde para madalenas. + Unha culler de azucre no centro de cada madalena.
6. Ao forno a 180º C / 20´aprox.
Cando estean listas, atemperalas no molde 10´. Sacalas do molde e arrefrialas
sobre unha reixa.