receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

martes, 10 de maio de 2016

EMPANADA DE CARNE E VERDURAS





EMPANADA DE CARNE E VERDURAS
           
Ingredientes

Masa:
·         500 g de fariña
·         50 ml de viño albariño
·         50 g de manteiga
·         50 ml de aceite de oliva
·         100 ml de auga quente
·         2 ovos
·         10 g de sal
·         25 g de levadura natural

Recheo:
·         500 g de carne picada
·         1 cebola
·         2 tomates
·         1 pemento verde
·         1 pemento vermello
·         2 dentes de allo
·         100 ml de viño branco
·         Pementa / sal /aceite

           
Preparación

1.  Recheo: Pelar e picar miúdo: allos, cebola, pementos e tomates (lavados previamente e escaldados en auga quente 1´ para retirarlles a pel).

2.    Sofreír: allos + aceite.

3.    Engadir cebola + pementos. Refogar.

4.    + Tomates e cocer. 

5.   Engadir  a carne e sofreíla ata que cambie de cor. + Viño branco e que evapore a lume vivo. Salpimentar e cocer un par de minutos máis.

6.    Masa: Facer un volcán coa fariña e colocar no centro un ovo, manteiga, aceite e levadura. O sal, no exterior, sen estar en contacto directo coa levadura. Mesturar e amasar todo (15´aprox.)  engadindo a auga necesaria pouco a pouco ata formar unha bola. Colocala nun recipiente encamisado e tapala con film durante 1 hora ata que suba a masa.

7.    Elaboración final:   Dividir a masa en dous. Estendelas moi finas nunha mesa enfariñada.

8.    Colocar nunha delas o recheo e cubrilo coa outra metade e pechar os bordos. Pintala con ovo e pinchala cun garfo.

9.    Ao forno 30´ aprox. / 200ºC