Xa estamos de cheo nos preparativos da festa do Nadal e as vacacións no punto de
mira. Xa as podemos tocar coa man. E como remate de festa decidimos facer o
TRONCO.
Sinxelo. Rico.
Despedimos o ano 2016 docemente con esta proposta. Grazas a todos e a todas
por estar connosco e coa nosa Cociña de Andersen.
Felices e doces festas.
TRONCO
DE TRUFA
Ingredientes do biscoito
·
65 g de fariña de améndoa
·
60 g de azucre glas
·
2 ovos e 3 claras
·
1 belisco de sal
·
15 g de azucre
·
25 g de fariña
·
25 g de manteiga
Ingredientes para a trufa
·
90 g de chocolate negro
de cobertura
·
70 g de nata co 35% de
materia grasa
Preparación
1. Disolver o chocolate
troceado na nata fervendo. Deixar repousar e bater enérxicamente.
2.
Bater: fariña de améndoa
+ azucre + ovos, 7 ´aprox.
3.
Montar as claras a punto
de neve co sal. Cando estean escumosas, engadir o azucre e despois a fariña
baturada. + manteiga fundida.
4.
Dispoñer a masa nunha
capa fina e uniforme nunha fonte con papel de forno. Ao forno a 240ºC, 6´aprox.
5.
Sacala e envolvela nun
pano húmido para que colla forma. Estirala e recheala de trufa. Enrolala de
novo e cubrila co resto da trufa facendo incisións para semellar un tronco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario