receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 18 de xaneiro de 2017

ROLIÑOS DE ATÚN E AGUACATE

Xa estamos de volta!

 Seguramente que as Festas nos sentaron ben  a todos, pero por precaución imos preparar algo sinxelo e fácil de dixerir. Espero que este novo ano siga ofrecéndonos sorpresas culinarias.





ROLIÑOS DE ATÚN E AGUACATE
           
Ingredientes

·         8 rebandas de pan de molde sen cortiza
·         1 pemento morrón
·         2 ovos cocidos
·         2 culleradas de tomate frito
·         1 aguacate
·         1 ceboliña
·         100 g de atún en aceite
·         5 paliños de surimi
·         12 olivas
·         1 cenoria
·         Maionesa, pemento doce, perexil e sal

Preparación

1.   Limpar e lavar a ceboliña. Escorrer as olivas e o pemento. Pelar e desosar o aguacate.

2. Picar todos os ingredientes e mesturalos nun bol. + atún escorrido + maionesa + tomate frito. Integralos todos.

3.   Dispoñer dúas rebandas montadas lixeiramente unha sobre outra sobre papel film de cociña. Aplanalas e estender o recheo sobre elas. Enrolalas  e envolvelas no film. Reservalas na neveira.

4.   Retirar o film e untalas con maionesa. Esparexer a cenoria lavada e relada por riba + perexil picado + pemento doce.


5.    Cortar os roliños en toradas grosas e servir.



Ningún comentario:

Publicar un comentario