receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 10 de outubro de 2018

TORTILLA DE PATACAS


Seguindo co éxito colleitado a semana pasada, puxémonos a traballar nun clásico: A TORTILLA DE PATACAS.

Toda a ciencia está en traballar cunha tixola en condicións para evitar os pegados e o volteado, que nos levan, ás veces,  a presentar a nosa tortilla DESESTRUTURADA.

Nós, axudaos polos Deuses da cociña, fixémola ESTRUTURADA.






TORTILLA DE PATACAS
           
Ingredientes

·         300 g de patacas·    
·         5 ovos batidos
·         Unha cebola
·         Aceite
·         Sal

Preparación

1.  Quecer o aceite e sofreír as patacas (previamente lavadas e cortadas en lascas)

2.   Engadir a cebola picadiña.

3.    Bater os ovos nun bol. Engadirlle as patacas pochadiñas despois de quitar o   aceite sobrante coa axuda dun coador.

5.   Callar o preparado por un lado. Cando estea volteámola e callámola polo   outro lado.

TARTA DE AMÉNDOA ou DE SANTIAGO

Benvidos ao curso 2018-2019!

Xa estamos de volta e temos as mans de novo na masa! Un novo grupo de curiosos e curiosas está disposto a deixarse levar pola emoción dos sabores e da maxia da cociña. COMEZAMOS!

Levamos un montón de receitas e ás veces temos que mirar cara atrás e rescatar técnicas ou receitas de toda a vida. Necesitamos que se lancen a cociñar e que disfruten con receitas que saen si ou si.

E puxemos sobre a mesa a...




TARTA DE AMÉNDOA ou DE SANTIAGO
               
Ingredientes

·         250 g de fariña de améndoa
·         250 de azucre
·         Rela dun limón
·         4 xemas de ovo
·         Unha copiña de coñac
·         4 claras a punto de neve

Preparación

1.  Mistúranse todos os ingredientes menos as claras que se deixan para o último momento e agregaranse con movementos envolventes para que non baixen.

2. Nun molde encamisado (manteiga / fariña) botar a masa resultante (é moi aconsellable forrar o fondo do molde con papel de forno)

3.  Ao forno (previamente prequecido) a 180º  / 20´- 30´aprox.

4.  Arrefriar e salferir con azucre glas.