receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 13 de decembro de 2017

TRENZA DE FROITOS SECOS CON ARANDOS

Estamos no Nadal e temos que preparar o menú. Empezando polos postres, tiñamos que buscar algo vistoso, divertido e fácil de realizar.

"ESTE DE AQUÍ!!!" 

E sinalando cara á nosa parede ilustrada coas nosas creacións ao longo destes anos, algúns decidiron  repetir unha vella receita.
Repetida, pero exitosa na primeira vez; minto, na segunda vez. A primeira contan as crónicas que saíra crúa.
Aínda que se comenta que "nunca segundas partes foron boas", temos que dicir que si, sainos ben á terceira tamén.





TRENZA DE FROITOS SECOS E ARANDOS
           
Ingredientes

·         1 prancha de masa follada
·         50 g de noces
·         50 g de pistachos
·         50 g de arandos
·         Natillas
·         Unha clara de ovo
·         50 g de azucre glace
                                              
Preparación

1.    Picar lixeiramente os froitos secos e misturalos cos arandos.

2.   Estirar a masa follada e cubrila coas natillas sen chegar aos bordos. Engadir os froitos secos.

3.   Dobrar a masa sobre o recheo. Á neveira 10´ para poder manexala logo mellor.

4.    Cortala pola metade ao longo sen chegar ao final, teñen que quedar unidas.

5.  Trenzar as dúas tiras deixando o recheo á vista, cara arriba. Ao forno 30´ aprox. a 200ºC

6.    Bater a clara coa azucre e pintar a trenza co glaseado e introducila de novo no forno, xa apagado, 8´

7.    Arrefriar e servir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario