receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 28 de xaneiro de 2016

TARTALETA DE CHOCOLATE DE MASA SABLÉ

A piques estamos de cambiar o turno na cociña. Nos próximos días un novo equipo invadirá o noso centro de I+D A COCIÑA DE ANDERSEN para desenvolver novas receitas e crear a nova carta de temporada. Mentras tanto aquí tedes unha das últimas propostas gastronómicas.




MASA SABLÉ
           
Ingredientes

·         120 azucre
·         125 manteiga
·         150 fariña frouxa
·         3 xemas de ovo
·         4 g de sal
                                              
Preparación

1.    Montar azucre + manteiga en pomada. + xemas ata que branqueen.

2.    + Fariña +sal, baturadas ata formar masa homoxénea. Arrefriar na neveira.

3.    Estirar a masa. Ao forno 190ºC / 13´aprox.


TARTALETA DE CHOCOLATE
           
Ingredientes

·         (ver Masa sablé)
·         300 ml de leite
·         125 ml nata líquida
·         65 g de azucre
·         6 xemas de ovo
·         350 g de chocolate
                                              
Preparación

1.    Ferver o leite + nata + ½ do azucre nun cazo.

2.    Noutro cazo mesturar o azucre restante + xemas. Engadirlle un pouco do leite quente e remover lentamente. Incorporar o resto do leite.

3.    Cocer a mezcla a 85ºC e engadir o chocolate picado. Arrefriar.

4.    Montar a crema de chocolate sobre as tartaletas de masa sablé.


martes, 26 de xaneiro de 2016

GALETTE DE ROIS

Tivemos visita!

 Os compis de 2º ES0 de lingua francesa con Carole, a súa profesora ao frente, estiveron de cocinillas. Prepararon a GALETTE DE ROIS, típico postre francés, equivalente ao noso roscón de reis.











Se queredes confraternizar coas linguas e a receita, ¡aquí a tedes! Tal e como nola pasou a profe Carole.

LA GALETTE DES ROIS!

Lundi 18 janvier 2016, avec les élèves de 2ºESO, nous avons réalisé et dégusté la Galette des Rois française !... Une tradition en France ! Ils ont adoré !!!

El lunes 18 de enero de 2016, con los alumnos de 2ºESO, realizamos y probamos la « Galette des Rois » francesa !... Una tradición en Francia! ¡¡¡Les encantó!!!

“La galette des Rois” (en español: Tarta de los Reyes) es una tartaleta que celebra la Epifanía, tradicionalmente vendida y consumida durante los primeros días del año en Francia.Es una torta de hojaldre rellena de crema de almendras que oculta en su interior una "fève" (haba, literalmente traducido). Aquél que encuentre dicha haba se convertirá en el rey del día y deberá portar la corona de cartón que suele acompañar la tartaleta.
 
Temps de préparation : 15 minutes
Temps de cuisson : 25-30 minutes
Ingrédients (pour 6 personnes) :
- 2 pâtes feuilletées
- 100 g de poudre d'amandes
- 75 g de
sucre en poudre
- 1 œuf
- 50 g de
beurre salé (le faire fondre)
- 1 jaune d'œuf pour dorer
- 1 fève !

Tiempo de preparación : 15 minutos
Tiempo de coción: 25-30 minutos

Ingredientes para 6 personas:
- 2 masas de hojaldre
- 100g de almendra molida
- 75g de azúcar
- 1 huevo
- 50g de mantequilla salada fundida
- 1 yema para dorar
- 1 sorpresa!


Préparation de la recette :

1) Disposez une pâte dans un moule à tarte, la piquer avec une fourchette.

2) Mélangez dans un saladier tous les ingrédients (poudre d'amandes, sucre, œuf, beurre fondu).

3) Étalez la préparation sur la pâte, y mettre la fève (sur un bord, pour minimiser les chances de tomber dessus en coupant la galette!).

4) Refermez la galette avec la seconde pâte et bien souder les bords.

5) Dorez la pâte avec un jaune d'œuf (dilué éventuellement dans un peu d'eau)

6) À l'aide d'un couteau, décorer la pâte en y traçant des dessins

7) Percez le dessus de petits trous pour laisser l'air s'échapper, sinon elle risque de gonfler et de se dessécher.

8) Enfournez à 210°C pendant 30 minutes environ
ATTENTION !... Surveillez la cuisson dès les 10 ou 15 premières minutes pour éviter qu’elle brûle sur le dessus. N’hésitez pas à la recouvrir d’un papier aluminium à partir des 10 ou 15 premières minutes de cuisson !

Préparation de la recette :
Preparación de la receta :

1) Disposez une pâte dans un moule à tarte, la piquer avec une fourchette.
1) Colocar una masa de hojaldre en un molde para tartas, y picarla con un tenedor.
2) Mélangez dans un saladier tous les ingrédients (poudre d'amandes, sucre, œuf, beurre fondu).
2) Mezclar en un bol todos todos los ingredientes (almendra molida, azúcar, huevo, mantequilla fundida)
3) Étalez la préparation sur la pâte, y mettre la fève (sur un bord, pour minimiser les chances de tomber dessus en coupant la galette!).
3) Repartir la preparación encima de la masa y colocar la sorpresa (en un bordillo, para minimizar las posibilidades de coincidir con ella al cortar la galette)
4) Refermez la galette avec la seconde pâte et bien souder les bords.
4) Cerrar la galette gracias a la segunda masa de hojaldre y cerrar los bordillos con la  mano
5) Dorez la pâte supérieure avec un jaune d'œuf (dilué éventuellement dans un peu d'eau)
5) Dorar la galette con una yema (que se puede a lo mejor diluír en un poco de agua)
6) À l'aide d'un couteau, décorer la pâte en y traçant des dessins
6) Con la ayuda de un cuchillo, decorar la galette, dibujando lo que quieran
7) Percez le dessus de petits trous pour laisser l'air s'échapper, sinon elle risque de gonfler et de se dessécher.
7) « Perforar/ atravesar » la galette haciendo agujeritos para dejar que se escape el aire, en el caso contrario, puede que se hinche y se reseque.
8) Enfournez à 210°C pendant 30 minutes environ
ATTENTION !... Surveillez la cuisson dès les 10 ou 15 premières minutes pour éviter qu’elle brûle sur le dessus. N’hésitez pas à la recouvrir d’un papier aluminium à partir des 10 ou 15 premières minutes de cuisson !
8) Poner en el horno a 210 grados durante unos 30 minutos.
¡OJO! … Vigilarla ya a partir de los 10 ó 15 primeros minutos para evitar que se queme por encima. No dudar en taparla con papel de aluminio a partir de los 10 ó 15 minutos!





EI 5: PANADEIROS POR UN DÍA


Como disfrutaron co pan!

 Foron panadeiros-as por unhas horas.
 Baixo a atenta e agarimosa dirección de AMAYA e XULIÁN,


panadeiros ecolóxicos e pais de Lola e Roi, EI5 luxouse coa fariña de espelta, amasaron ata onde foron capaces e seguiron cos seus ollos pispantes a elaboración do pan, marabillados de como Xulíán e Amaya facían maxia diante deles e como aqueles pos brancos con auga e máis cousas crecían fóra do forno e dentro del para acadar este resultado: PAN DE ESPELTA.





Esta foi a pequena historia dos "pequenos panadeiros-as" en imaxes:











Grazas a todos e todas pola maxia:



venres, 15 de xaneiro de 2016

A FARIÑA

                         


A FARIÑA xunto coa auga, sal e levadura é un dos ingredientes fundamentais para facer un pan básico; e a pizza non deixa de ser un pan plano acompañado de ingredientes diversos.
Unha das características importantes da fariña é a FORZA (calidade e cantidade de proteínas que contén). Estas proteínas relaciónanse coa calidade e cantidade de GLUTEN que se formará na masa, elemento esencial na elaboración do pan e que influirá no comportamento da masa en cada paso da elaboración do pan.

Canta máis proteína teña unha fariña máis forte será, podendo clasificalas en:


FARIÑA
PROTEÍNAS
ELABORACIÓNS
Frouxa
Inferior ao 7%
Biscoitos, galletas, madalenas, plumcakes…
Panificable
8-10%
Pans comúns de hidratación media, fermentacións non moi longas…
Media forza
11-13 % aprox.
Pans artesáns de hidratación media-alta, fermentacións con repousos longos, masa follada…
Forza
13-15% aprox.
Pans de hidratación alta, fermentacións longas, masas enriquecidas en azucre e grasas, bollería…
Gran forza
Superior ao 15%
Pans de hidratación moi alta

Nos paquetes de fariña esta característica exprésase cun W, a maior valor W, maior forza.









PIZZA DE LACÓN CON GRELOS

Arrancamos o ano 2016 cunha proposta popular entre todos nós: PIZZA.

E certamente comezamos con bo pé, xa que, por primeira vez, arriscámonos a facer a masa de forma caseira e tradicional e o éxito acompañounos novamente. Rica a masa e ricos os ingredientes.
Deixámos constancia aquí da receita da masa e a nosa proposta de pizza de lacón con grelos. Bo apetito!



E vaia subidón para un quilo de fariña!





PIZZA DE LACÓN CON GRELOS

           
Ingredientes

·         500 g de fariña de trigo de forza
·         250 ml de auga morna
·         12 g de sal
·         25 ml de aceite de oliva virxen extra
·         12 g de levadura fresca de panadería
·         Friame de lacón, queixo.
·         Grelos envasados ao natural
·         Chourizo
·         Salsa de tomate
                                              
Preparación

1. Nun bol: un burato coa fariña e no centro a levadura disolta na auga. Mesturamos.

2.    + Aceite, + sal e seguimos mesturando.

3.   Enfariñamos a zona de amasado e traballamos a masa coas mans uns 10´ ata que non se pegue ás mans, ten que quedar elástica e homoxénea.

4.   Formamos unha bóla, enfariñamos un bol e deixámola fermentar nel, tapada cun pano, uns 45´-60´aprox.

5.    Estiramos a masa con coidado e paciencia.

6.    Ao forno, previamente quecido e engadidos os ingredientes, a 200ºC o tempo necesario ata que se faga.