Remy é unha rata que soña con ser chef. O destino lévaa ós sumidoiros de París, pero a súa situación non podería ser mellor, xa que se encontra xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da cuisine. A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común (e desde logo nada desexado) nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas arriba o mundo culinario parisino nunha divertidísima e emocionante aventura. Remy debátese entre a súa vocación e máxima paixón da súa vida e a idea de volver á súa anterior vida de roedor. Pero serviralle para aprender o valor da amizade, a familia e a importancia de ser un mesmo. Neste caso, unha rata que quere ser chef.
Ningún comentario:
Publicar un comentario