receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 23 de novembro de 2016

CROQUETAS DE MEXILLÓNS

Croquetas con sabor a mar.
Un toque mariñeiro para os  nosos padais.
Coma sempre que cociñamos algo novedoso, o noso equipo de cociña tivo que facer fronte a texturas e cores no proceso de elaboración que suscitaban caras raras e dúbidas. Pero o produto final conseguiu eliminalas todas. Un novo éxito na elaboración e degustación das croquetas de mexillóns.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que supón a extracción e posibilidades de consumo desde bivalvo.








CROQUETAS DE MEXILLÓNS
           
Ingredientes

·         500 g de mexillóns frescos
·         1 lata de mexillóns en escabeche
·         50 g de fariña
·         250 ml de leite
·         40 g de manteiga
·         1porro
·         ½ cebola
·         Pementa, chisco de noz moscada
·         Ovos, pan relado, sal e aceite

Preparación

1.  Limpar e lavar os mexillóns frescos. Cocelos ao vapor 2-3´aprox. ata que abran.

2.  Escorrer os mexillóns en escabeche e reservar o líquido e mesturalo co da cocción. Triturar todos os mexillóns.

3.   Picar e sofreír a cebola e o porro coa manteiga 10´aprox. Saozar e triturar todo.

4.    Colocar de novo na tixola + fariña. Tostala. + Leite + noz moscada + pementa + caldo (pouco a pouco).

5.   Cocer 15´aprox. Sen deixar de remexer ata que colla consistencia. + Mexillóns. Reservar na neveira.

6.  Facer porcións coa pasta e formatear ao gusto. Pasar por pan relado / ovo batido / pan relado. Fritir no aceite ata que doren. Servir.





Ningún comentario:

Publicar un comentario