Aquí estamos de novo!
Atascámonos no Nadal. Ás veces un non se pode estirar máis e acaba sendo engulido a bocados de xigante ou a bocadiños de peixe.
Que máis ten! As responsabilidades son as que son e aínda que na cociña seguimos traballando, a nosa comunicación non ten a fluidez desexada.
Así que toca poñerse ao día e como dicía a famosa frase de Fray Luis de León: "Como dixemos onte ...", cando foi reincorporado na súa cadeira despois de ser censurado, preso e retirado da súa posición na Universidade de Salamanca polo traballo da "Santa Inquisición", vén ben ao noso contexto.
BISCOITO XENOVÉS / PIONONO

E quedÁramos nas prefestas do Nadal 2017 co noso socorrido biscoito xenovés para facer este entrante festivo.
BISCOITO XENOVÉS / PIONONO
Ingredientes para a masa
·
3 ovos
·
90 g de azucre
·
90 g de fariña
·
A proporción é: 1 ovo x 30 azucre x 30 fariña
Ingredientes para o recheo
·
Atún, espárragos, paos de
caranguexo, pemento morrón, anchoas, olivas, ovos cocidos, mahonesa…
Preparación
biscoito
1.
Separar claras e xemas
2.
Xemas + azucre. Bater e esponxar
3.
Engadir suavemente fariña tamizada
4.
Bater claras ( chisco de sal) a
punto de neve
5.
Xuntar o paso 3 e 4 de forma
envolvente
6.
Nunha prancha forrada con papel de
forno, estender de forma homoxénea a masa
7.
Ao forno prequecido a 180º / 8´ a
10´minutos
8.
Retirar do forno e aplastar
lixeiramente coas mans o biscoito
9.
Estender sobre un pano húmido e
enrolar 30 segundos
10.
Quitar o pano e enrolar de novo
sobre papel de forno
11.
Rechear e decorar ao gusto
Ningún comentario:
Publicar un comentario